Luís Villares: “Quedan catro días do goberno de Feijóo contra a xente, a partir do domingo En Marea devolverá a dignidade ao noso país“

En Marea ateigou a explanada marítima de Vigo nun encontro no que animaron á cidadanía do noso país a demostrar que é posible tecer alternativas ao sufrimento do noso país e dar vida o vindeiro domingo a unha nova Europa social que comezará en Santiago
Publicado por o día 20/09/2016 na sección de Eleccións Galegas,En Marea,Vigo

Luís Villares: “Quedan catro días do goberno de Feijóo contra a xente, a partir do domingo En Marea devolverá a dignidade ao noso país“

Unha ateigada explanada marítima acolleu un caloroso  encontro coa cidadanía de En Marea esta tarde en Vigo que deixou en evidencia que no noso país sen dúbida Hai Marea!. O candidato á presidencia da Xunta de Galicia, Luís Villares, salientou a xustiza social e a solidariedade que da base ao proxecto de En Marea e que representaron en tres vasos de auga, un baleiro outro medio cheo e outro cheo. “En Marea repartirá para quen teña menos poda ter un pouco máis e garantir que todos teñan as mesmas oportunidades“ comprometeuse Villares que arremeteu tamén contra a estabilidade que quere o PP, “unha estabilidade para seguir roubando para seguir destruído o noso país“. “Nós queremos dignidade, queremos gobernar para á xente e non contra a xente“ salientou  porque Galicia merece “un goberno mellor, un país de xente honrada, traballadora, non merece un goberno que ataque á súa xente“.

“A Feijóo preocúpalle que a corrupción quitoulle tres millóns de votos pero aos galegos e galegas 2.200 millóns de euros. Chamámolo Atila Núñez Feijóo polo seu saqueo, destrución e polo roubo“ denunciou Luís Villares que asegurou ademais que “lexislan para eles e non para vós, para as minorías e non para as maiorías“. Na súa intervención referiuse as declaracións do candidato do PP e presidente en funcións da Xunta nas que se preguntaba para que queremos máis competencias, pois “para vertebrar o noso país, para regular o tráfico marítimo, para gobernar para o noso país e por iso no noso programa temos propostas reais e solventes“.

Quedan catro días de políticas contra á xente de Feijóo asegurou Villares. En Marea e o futuro, somos a alternativa ao espolio, ao roubo, ao saqueo do noso país. “O domingo elixiremos entre un goberno para xente ou paras minorías. Esta todo o mundo pendente de nós, España, Europa a Troika está pendente de nós. En función do que fagamos imos dar unha lección demostrando que é posible tecer alternativas ao sufrimento do noso país. En Santiago comeza unha nova Europa, a Europa social que levamos tempo reivindicando“ afirmou Villares. “Polo pan, polo traballo, teito, dignidade. Como dixo Manuel Antonio, en cada relanzo do camiño hai unha voz que nos berra “máis alá” Hai marea!“ berrou o candidato á presidencia da Xunta de Galicia de En Marea.

O secretario xeral de Podemos, Pablo Iglesias, comezou destacando que queren convencernos de que acabou o tempo do cambio, xa que é o clima ideal para levar a cabo a restauración, de volver ao bipartidismo, dos que queren volver ao pasado. “Se hai bloqueo político en España é polo medo de algúns partidos ao cambio“ pero tamén salientou que quen fala de estío son os que esperan a restauración e non entenden o que aconteceu no Estado nos últimos anos. “Falan de estío e
Nos están mirando en toda Europa. Como astío y aburrimento si o que está a suceder aquí non sucede en ningures“ asegurou.

Pablo Iglesias fixo referencia ao 15M e todo o que desde ese momento aconteceu explicando que a primeira tradución electoral do 15M foi Alternativa Galega de Esquerda con Xosé Manuel Beiras á cabeza, porque “Xosé Manuel Beiras sonaba igual que o 15M, igual que nós“. Despois chegou Podemos e os movementos municipalistas continuou. “Soabamos distintos, duros, xa que fundamental era politizar a dor, falar de desafiuzamentos, de nenos que estudan en barracóns, da industria que se destrúe“ declarou Iglesias. “Facer política está cheo de perigos, e o maior deles son as institucións. Os deputados do cambio non teñen que estar so para participar en comisións parlamentarias senón coa xente nos conflitos, a política é que o veciño non chegue a final de mes, que non reciban axudas os dependentes, por iso precisamos que nos sinaleis todo o rato e que nos teñades ben amarrados para nos lembrar que estamos alí por que vos nos puxestes“ defendeu o líder de Podemos. “O adversario quere que sexamos coma eles, pois dígolles que non , que chegamos aquí sendo distintos, cunha linguaxe distinta, vestindo de distinto xeito e seguiremos así“ dixo Iglesias.

O membro da coordinadora de En Marea e portavoz nacional de En Marea, Xosé Manuel Beiras,advertiu que o vindeiro domingo “o que nos xogamos é unha batalla que forma parte dunha guerra cívica a dous niveis, agora en Galicia pero a nivel do Estado tamén“. “A única alternativa democrática real xurdida do cerne da cidadanía do común é En Marea“ asegurou Beiras que engadiu que “somos a chave de desatascar o enguedello do Estado porque se conseguimos botar a Núñez van mudar as cousas tamén nas Cortes do Estado“. Neste sentido lanzou tamén unha mensaxe para Pablo Iglesias a quen lle dixo: “Pablo, amigo, tes a oportunidade de pasar a historia como primeiro home de Estado que é quen de entender, asumir e levar a practica política a cuestión de Cataluña, Galicia e Pais Vasco entendendo que  soberanía dos pobos non reside nos Estados senón nas cidadanías de cada un deses pobos“.

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, declarou que “temos que estar unidos e unidas pola decencia“. “Este domingo decidimos unha vez máis o noso futuro e non é igual o que decidamos porque non somos iguais. Eles son os da corrupción, tarxetas black, as dos privilexios, clases preferentes, os reservados, nós a xente da normalidade, do traballo, da decencia. Eles teñen amigos nos consellos de administracións de multinacionais, nós nos comité de empresas, nas colas do paro, os seus amigos afundiron Pescanova os nosos estiveron anos e anos tentando sacala adiante“.

“Este domingo imos a demostrar que somos xente forte e imos ir a votar e imos a recoñecernos e a coller a mesma papeleta e encher as urnas de votos de En Marea. Somos a xente real deste pais, somos a xente maltratada, os mariñeiros do cerco, a mocidade, a calefacción apagada, os que vagan por Europa preguntándose onde raios está Europa. Somos o que vos quixestes que foramos. Somos o imposible, somos a milagre, somos a primavera que non quere rematar. Este domingo vai a acontecer, imos a recuperar a ilusión e dicir unha vez máis que en Galicia Hai Marea!“ concluíu.

A cabeza de lista de En Marea por Pontevedra, Carmen Santos, afirmou que acabou o tempo das “corruptelas interminables das honorables señorías do PP, Soria, Rita Barberá e tantos outros“. “Feijóo está a advertir do suposto caos de En Marea cando o verdadeiro caos é a corrupción, a indecencia, os recortes do PP iso é o que está a facer dano a Galicia“ afirmou Santos.

A cabeza de lista por Pontevedra rematou a súa intervención facendo un chamamento á cidadanía para “o vindeiro domingo ir a votar todos por En Marea para ter un presidente como Luís Villares, por fin un presidente que mire por vós“.

A número 3 por Pontevedra, Eva Solla, no seu discurso lembrou como “mentres prometían unha carga inexistente no naval os nosos compañeiros morrían de fame nas colas do paro, mentres axudaban aos empresarios eles pechaban empresas e botaban á xente ao paro“.  “Non da medo a esquerda senón o PP que espolia os noso sectores produtivos“ denunciou. “Non nos van dar leccións os da Púnica, os da Pikachu, os que levaban sobres en b mentres nos sufriamos os seus recortes“ advertiu. Eva Solla rematou facendo unha lembranza, “a punto de cumprir 41 anos dos derradeiros fusilamentos do franquismo, queremos verdade, xustiza e reparación da xente que loitou polos seus dereitos“. “Todas temos dereito a un país que nos coide e a ser felices, un país máis xusto, un país coa Marea” concluíu Eva solla.