Luís Villares reúnese co alcalde de Viana do Castelo e o secretario xeral do Eixo Atlántico

Villares pide que Galicia estableza medidas de cooperación co Norte de Portugal para o desenvolvimento industrial.
Por o 13/08/2017 | Sección: En Marea,Galicia,Política
Luís Villares reúnese co alcalde de Viana do Castelo e o secretario xeral do Eixo Atlántico
Compartir en:

O voceiro de En Marea, Luís Villares, mantivo unha reunión de traballo con representantes do Eixo Atlántico, o presidente a asamblea e alcalde de Viana do Castelo, José Maria Costa, e o secretario xeral desta institución, Xoán Vázquez Mao. O obxecto desta sesión de traballo era dobre no industrial, por unha banda coñecer cal é a política industiral que están desenvolvendo os municipios do norte de Portugal e moi en particular Viana do Castelo, e tamén coñecer de primeira mán como as novas disposicións industriais estaban afectando ao territorio nese espazo veciño a Galicia.

Neste reunión, José Maria Costa, alcalde de Viana do Castelo, sinalou algunhas das medidas tomadas no seu concello respecto dos parques empresariais en sectores como o tecnolóxico e o da industria da automoción.

O alcalde de Viana explicou nesta reunión que os concellos no norte de Portugal estaba cooperando para ofrecer fórmulas ventaxosas para as empresas. Ventaxas que permiten que unha parte salientable de empresas da automoción escollan o norte de Portugal para as súas novas factorías.

Política de retorno de emigrantes

Outro dos eixos da reunión de traballo mantida en Viana do Castelo foi coñecer que políticas se están desenvolvendo para o retorno dos emigrantes Neste sentido, Luís Villares sinalou como máis salientable das liñas que se se están a desenvolver: “as axudas para que os titulados portugueses que están polo mundo poidan regresar e encontrar un marco favorable de traballo”.

Estas políticas de favorecer a ocupación laboral no seu lugar de orixe están favorecendo o regreso de emigrantes portugueses de distintas xeracións e que, segundo os gobernos locais do norte, encontrarán onde traballar coa política de localización de empresas nos novos espazos industriais que están a medrar.

Política de cooperación rexional

Luís Villares salientou tras esta reunión de traballo a moi activao “política de colaboración rexional que está desenvolvendo o norte de Portugal entre as súas distintas administracións”. Tamén apuntou o voceiro de En Marea que esa cooperación rexional “debería extenderse a Galicia e debería contar cos galegos, pero é difícil se a Xunta de Galicia mantén como ata agora a actitude de estar de costas a Portugal e mesmo renegar en público de políticas que no país veciño están funcionano ben”.

Para Villares hai que ter en conta a capacidade de manobra que teñen os concellos portugueses que contando cun “marco compentencial maior que os dos galegos, pero con moitísimas menos competencias das que ten a Xunta de Galicia, están acometendo moitísimas medidas que incentivan a implantación de empresas de carácter industrial e tecnolóxico”.

Apuntou o voceiro de En Marea o aproveitamento que están a facer “os concellos portugueses dos fondos europeos” e reclamou que Galicia se “incorpore de xeito máis activo á cooperación cor norte de Portugal”.