Luís Villares: “Rexeitamos as medias verdades e as mentiras de Feijóo sobre a sanidade pública cosa que está a maltratar a todas as galegas e galegos”

O voceiro de En Marea asegurou que a comparecencia de Feijóo esta mañá na comisión de investigación sobre a situación da sanidade pública galega “só se explica desde o descoñecemento da realidade”
Publicado por o día 16/01/2019 na sección de En Marea,Política

Luís Villares: “Rexeitamos as medias verdades e as mentiras de Feijóo sobre a sanidade pública cosa que está a maltratar a todas as galegas e galegos”

O voceiro de En Marea, Luís Villares, asegurou que a comparecencia de Feijóo na comisión de investigación sobre a situación da sanidade pública galega “só se explica desde o descoñecemento da realidade”. Villares lamentou que non falara “nin dos colapsos en urxencias, nin das listas de espera interminables, nin da derivación á privada, nin a falla de recursos na atención primaria, nin da falla de pediatras que existen en todo o sistema sanitario galego”. “So así se explica o maltrato sanitario que Feijóo impón a toda á cidadanía de Galicia” afirmou.

Os propios datos desmenten a Feijóo, xa que en termos reais hai menos fondos hoxe que hai dez anos, que en termos de persoal esqueceu comentar para Villares que os propios sindicatos sinalaron a necesidade de crear 6.000 novas prazas de persoal sanitario para recuperar o nivel antes da crise. E tamén esqueceu falar da grave situación dos centros de atención primaria e os Puntos de Atención Continuada en pe de guerra pola falla de recursos. Esta mesma fin de semana Moaña estivo sen equipa de asistencia sanitaria e tivo que recorrer a Vigo que quedou desasistido dunha equipa profesional. “Estamos ante unha ausencia estrutural de recursos” asegurou Villares.

O contrato que presentaron esqueceu para o voceiro de En Marea tamén indicar que se trata dun contrato que os condena a precariedade e unha sobre carga de traballo que os leva a unhas condicións laborais próximas á escravitude.

Fronte a isto, o voceiro de En Marea contestou a pregunta do presidente da Xunta que se preguntaba porque non estaban presentes os grupos da oposición, asegurando que non participan pola mordaza imposta aos grupos da oposición e os seus vetos como por exemplo aos familiares da persoa falecida no PAC da Estrada que chegou a dicir que non era indicativo da situación destes centros, algo que asegurou Villares, seguro non comparte a familia do falecido.

Todo isto ten unha responsabilidade política que é de quen xestiona a sanidade pública do noso país. “Non participamos na comisión porque non nos deixaron traer aos responsables políticos de denegar medicamentos de hepatite C cando estaban dispoñibles nas farmacias e que está a ser investigado penalmente neste momento, non imos porque se impediu participar nesa comisión a representantes dos PAC que se estaban a a manifestar mentres Feijóo comparecía ás portas do Parlamento” declarou Villares.

“Rexeitamos as medias verdades e as mentiras vertidas por Feijóo na súa comparecencia coas que está a maltratar sanitariamente a todas as galegas e galegos e que nos afastan dun dereito fundamental como é o dereito á saúde” concluíu o voceiro de En Marea.

Comentar noticia

Your email address will not be published.