Luís Villares: “Tras a vaga de lumes crearon unha cortina de fume para ocultar a súa incompetencia, o seu abandono do territorio e non foron quen de cumprir o comprometido”

O voceiro de En Marea lembrou que das 30 medidas anunciadas por Feijóo 13 estaban xa recollidas na lei vixente e das 5 medidas innovadoras anunciadas o Goberno galego non cumpriu ningunha delas
Publicado por o día 24/10/2018 na sección de En Marea,Política

Luís Villares: “Tras a vaga de lumes crearon unha cortina de fume para ocultar a súa incompetencia, o seu abandono do territorio e non foron quen de cumprir o comprometido”

O voceiro de En Marea, Luís Villares, fixo valoración da xestión do goberno galego un despois da vaga de lumes: “o mesmo abandono, o mesmo desleixo, o mesmo abandono, a mesma incompetencia, as mesmas mentiras. E ademais, con promesas incumpridas”. A traxedia puxo ao descuberto unha incómoda realidade como denunciou Luís Villares: “que a Xunta de Galicia, máis preocupada por vender o noso territorio a cachiños a empresas mineiras e forestais que pola xente que vive nas súas cidades e vilas, fixo unha folga de brazos caídos durante os últimos nove anos, incumprindo sistematicamente as súas propias leis e deixando facer sen control”. “Co monte queimouse para sempre a súa imaxe de bo xestor en Galicia” afirmou o voceiro de En Marea.

Xa hai un ano, En Marea afirmaba que “facer pasar como medida novidosa a enumeración de leis vixentes é unha tomadura de pelo”, algo que aconteceu con 13 medidas. O voceiro de En Marea lembrou como o presidente anunciou a “bombo e platillo” determinadas innovacións como a plataforma tecnolóxica para coñecer o grao de protección de cada monte. “Podería vostede indicarnos onde podemos consultar esa plataforma?” preguntou Villares ao presidente da Xunta.

En canto aos equipos forestais de investigación para apoiar a Policía a Garda Civil nas pescudas sobre a orixe dos lumes, Villares lembrou que foran constituídos polo bipartito e posteriormente suprimidos polo Goberno Feijóo e a día de hoxe seguen sen estar creados novamente pese a que as emendas de 2018 En Marea propuxo unha partida para botalos a andar pero o PP votou en contra.

Os equipos de vixilancia de incumprimento para supervisar que se leven a cabo as medidas de prevención, tampouco nada se sabe dos mesmos, como tampouco do rexistro de investigación. En relación á rede de vixilancia forestal a través de cámaras de vídeo instaladas en lugares estratéxicos, Vilalres lembrou que o PP pechou máis da metade das casetas forestais, que cumprían estas funcións e ademais os vixilantes eran de moi grande axuda porque coñecían o territorio. Rectificación necesaria pero insuficiente polo que reclamou a rede de vixilancia anunciada e non cumprida tampouco.

Nas incorporacións ao Banco de Terras, Villares preguntou con que persoal vai realizar esas novas funcións encomendadas tendo en conta que apenas incrementou en 1.000 euros para o vindeiro ano. O presidente tamén dixo que ía seguir avanzando na reestruturación parcelaria, especialmente a impulsada a particulares pero ao ritmo de traballo actual con entrega de títulos a un ritmo de 4,5 por ano resulta complicado crer que o Goberno galego vai cumprir este compromiso.

Villares reclamou así mesmo o mando único fundamental para lograra unha coordinación dos servizos de emerxencias e lamentou que da mellora do pastoreo nin se oíu falar. Do impulso aos plans de ordenación forestal nos 19 distritos forestais comenzando por Ourense e Pontevedra tampouco se fixo nada a día de hoxe. E dos SOFOR non existe cambio algún.

“Crearon unha cortina de fume para non deixar ver a súa incompetencia, o seu abandono do territorio non só do rural” declarou Villares. “Se trece das medidas eran xa lei vixente, e das 5 medidas innovadoras non hai rastro, a que se dedicaron este ano?” preguntou o voceiro de En Marea na sesión de control ao presidente do Goberno.

Luís Villares concluíu a súa intervención criticando a execución do goberno galego en materia de prevención nas contas de 2017 que aparecen orzamentados 41 millóns pero se executáro menos de 35. “En materia de prevención de incendios poderán ser moi vistosos para un efémero titular dun día pero a realidade deixa en evidencia outra verdade. Así, comparando os orzamentos deste ano e os que a Xunta presenta para o vindeiro ano compróbase que baixan os recursos para aluguer de medios de extinción, vixilancia, prevención e extinción, equipamento e dotación de cuadrillas, estudos de prevención, disuasión e investigación, e tamén en silvicutura de prevención de incendios.