O lume que comezaba onte na parroquia de Garabás, Concello de Maside quedou extinguido

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085
Publicado por o día 12/08/2017 na sección de Medio Ambiente,Sucesos

O lume que comezaba onte na parroquia de Garabás, Concello de Maside quedou extinguido

O lume que comezaba onte ás 13,26 horas na parroquia de Garabás, Concello de Maside, quedou extinguido ás 14,07 horas de hoxe. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada é de 41,2 hectáreas, das cales 36,2 son de arborado e o resto de monte raso. Na súa extinción participaron un técnico, oito axentes, 28 brigadas, 13 motobombas, dúas pas, 13 helicópteros e catro avións.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.