Concentración diante do Concello: “Globos contra o barco na rotonda”

Publicado por o día 08/02/2015 na sección de Asamblea Aberta Coia,Social

Concentración diante do Concello: “Globos contra o barco na rotonda”

– A Asemblea Aberta de Coia convoca mañá luns 9 de febreiro unha concentración diante do Concello de Vigo (Praza do Rei) baixo o lema: “Globos contra o barco na rotonda”. Será a partires das 11:00

Centenas de globos servirán para dicirlle, moi clariño, ao alcalde algo que a veciñanza non quere o barco na rotonda de Coia. Mandaremos ás nosas reivindicacións, máis dereitos sociais, ás nubes que é onde viven o alcalde e o seu goberno. Berraremos ben forte que Xurxo somos todas! Caballero ordena e a poli mente!

Un grupiño subiremos ao pleno que se celebra na casa de todas esa mañá mentres outras quedaremos ás portas preparando uns globos, que serán a nosa ferramenta para visualizar a nosa loita polos dereitos sociais e contra obras sen sentido coma chantar un barco nunha rotonda mentres miles de viguesas sofren con crueza o empobrecemento.

Queremos unha cidade para as persoas, e para iso os cartos de todas teñen que estar destinados a garantir as necesidades básicas de toda a poboación. El os tira en obras faraónicas: estadios, escaleiras mecánicas, humanizacións… Nós queremos, precisamos que eses cartos vaian destinados a cubrir as nosas necesidades, en definitiva, que se destinen a facer unhas políticas sociais potentes e duradeiras que aseguren unha vida digna para todas.

PRENSA ASAMBLEA ABIERTA COIA