O luns comeza a montaxe da cuberta da grada de Río no estadio de Balaídos

O alcalde dá conta da evolución das obras no Estadio Municipal onde xa está o guindastre de grande tonelaxe que dende o luns comezará a instalar a estrutura da nova cuberta. Respecto da iluminación, no próximo partido de Liga, Balaídos contará con 80 focos en Río e un total de 310 no conxunto do estadio, unha cifra similar ao de finais da pasada tempada.
Publicado por o día 15/09/2017 na sección de Concello de Vigo,Deportes,Galicia,Vigo

O luns comeza a montaxe da cuberta da grada de Río no estadio de Balaídos

O vindeiro luns comezará o izado do primeiro módulo da nova cuberta da grada de río do Estado Municipal de Balaídos, onde xa está o guindastre de grande tonelaxe que se encargará de realizar este traballo. O martes quedará instalado o segundo módulo, tal e como explicou este venres o rexedor vigués.

En canto á evolución das obras de cara á iluminación no vindeiro partido do Celta na Liga, que se xoga o xoves 21 ás 21,00 horas da noite, Caballero explicou que se xa están operativos 30 focos, 15 en cada extremo da grada de Río, e haberá 50 máis cando quede colocada a estrutura da cuberta, co izado dos dous primeiros módulos, que se instalarán o luns e o martes.


Deste xeito, Balaídos contará con 80 focos na grada en obras. Segundo precisou en rolda de prensa, cando rematou a Liga o pasado mes de xuño, o estadio contaba con 310 luminarias, as mesmas que van funcionar no encontro Celta-Getafe.