Luz verde á contratación das obras da rúa Aragón

Publicado por o día 19/12/2018 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

Luz verde á contratación das obras da rúa Aragón

Na Xunta de Goberno deuse luz verde á contratación das obras da rúa Aragón, fase V, desde Travesía de Vigo á rúa Padre Celso. Os traballos, que se prolongarán nove meses, teñen un orzamento de 737.000 euros para actuar sobre case 400 m de lonxitude, renovando pavimentación, redes de alumeado, abastecemento e saneamento, e executando unha nova rede semafórica. Con esta fase, quedaría completada a humanización de toda a rúa Aragón, na que investimos 6,8 millóns.

Outra das contratacións aprobadas polo goberno local foi a humanización da terceira fase da Avenida Gregorio Espino, cun orzamento de 1.029.000 euros e un prazo de execución de 9 meses. A obra comprende actuacións entre as rúas Urzáiz e Jenaro de la Fuente, e tamén entre San Roque e as rúas Aguía e Reiseñor. Segundo explicou Caballero, ata o de agora o Concello investiu nesta rúa 2,3 millóns.