Luz verde á instalación do semáforo no muro N-550

O alcalde ven de adxudicar a pasada semana a instalación dun paso de peóns regulado por semáforos na estrada N-550
Por o 20/05/2019 | Sección: Galicia,Redondela
Luz verde á instalación do semáforo no muro N-550

O alcalde de Redondela Javier Bas firmou a pasada semana a adxudicación dos traballos de instalación dun paso de peóns regulado con dous semáforos na estrada N-550 o que suporá para esta estrada unha importante mellora na seguridade dos peóns.

A instalación deste semáforo era unha demanda histórica. Xa os veciños da zona sairan á rua tras varias mortes neste tramo reclamando este semáforo. Nesta zona, que forma parte do Camiño de Santiago, tamén cruzan centos de peregrinos polo que a partir de agora cruzarán con total seguridade.

Non foi sinxela a instalación destes semáforos xa que as negociacións co Ministerio de Fomento foron moi duras pero tras obter o permiso o Concello financiará a obra xa que a considera necesaria para os veciños e veciñas e todos os que circulan a diario por estas beirarúas. O orzamento ascende a 33.000 euros financiados integramente polo Concello de Redondela

Nuns días comezarán os traballos de instalación que consistirán canalización subterránea das canalizacións eléctricas, o pintado dun paso de peóns e a instalación de dous semáforos con pulsador, que serán accionadas polos peóns. Asimesmo, colocaranse sinais verticais cumprindo a norma. A beirarrúa adaptarase para cumprir a accesibilidade suprimindo as barreiras arquitectónicas.

Comentar noticia

Your email address will not be published.