Luz verde no Congreso á iniciativa de En Marea relativa á violencia económica institucional contra os dereitos das mulleres vítimas de violencias machistas

A deputada de En Marea, Ángela Rodríguez, conseguiu este xoves que se aprobase no Congreso a Proposición non de Lei relativa á violencia económica institucional contra os dereitos das mulleres vítimas de violencias machistas.
Publicado por o día 23/02/2018 na sección de En Marea,Política

Luz verde no Congreso á iniciativa de En Marea relativa á violencia económica institucional contra os dereitos das mulleres vítimas de violencias machistas

A deputada de En Marea, Ángela Rodríguez, conseguiu este xoves que se aprobase no Congreso a Proposición non de Lei relativa á violencia económica institucional contra os dereitos das mulleres vítimas de violencias machistas.

“O Partido Popular aínda non puxo en marcha ningunha medida das aprobadas no Pacto de Estado contra a violencia machista. Pero mentres rescatan autopistas. O PP prefire rescatar autoestradas que ás mulleres que seguen a ser asasinadas”, denunciou a parlamentar de En Marea na Comisión de Igualdade.
Rodríguez denunciou que o actual Goberno, por pasividade, non fai política e non saca medidas adiante.
“É un goberno lastre que non está rematando coa violencia machista”, sinalou.
Ante isto, a instancias de En Marea e o Grupo Confederal, o Congreso insta ao Goberno a incluir nos Orzamentos Xerais do Estado 2018  as dotacións económicas acordadas no Dictamen da Subcomisión do Pacto de Estado en materia de  Violencia de Xénero, tal e como establece a súa responsabilidade sobre o cumprimento do Pacto.
Ademais, pide promover unha Lei de Medidas Urxentes que inclúa as medidas orzamentarias necesarias para o cumprimento do compromiso económico previsto na Subcomisión para o Pacto de Estado en materia de Violencia de Cénero dada a prórroga prevista polo Goberno dos PXE de 2017  para  o2018.
“Ante unha situación de cifras cada ves máis preocupantes relativas ao traballo non remunerado das mulleres, coa fenda salarial, no que ten que ver cos feminicidios… seguen a facer políticas baseadas no populismo punitivo”, denunciou a deputada.