Mago de Oz, Barón Rojo e Obús, no II Festival de Rock Concello de Vigo

O alcalde, Abel Caballero, e o xerente do IFEVI, Arsenio Prieto, presentaron este xoves o evento, que terá lugar no recinto feiral o 20 de outubro, con máis de seis horas de música. O Festival ten vocación de apoio ás formacións de Vigo, polo que o cartel se completa coas actuacións de Motores e Iron Hunter.
Publicado por o día 27/09/2018 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

Mago de Oz, Barón Rojo e Obús, no II Festival de Rock Concello de Vigo

O Festival de Rock Concello de Vigo busca a súa consolidación nesta segunda edición, cun cartel que combina ás bandas locais con formacións do calibre de Mago de Oz, Barón Rojo e Obús.

O evento terá lugar no IFEVI o 20 de outubro, con apertura de portas ás 20:30h. Cun especial énfase na promoción dos grupos de Vigo, o Festival inclúe este ano as actuacións de Motores e Iron Hunter.

En total serán máis de seis horas de música rock en directo no recinto feiral de Cotogrande, con entradas a vinte euros en venda anticipada, en Ataquilla.com e en Discos Elepé.