Mahou premia ao mellor estudante de hostalería

3 aspirantes competirán por facerse cun local en Progreso 41 Urban Market durante un ano
Por o 16/05/2019 | Sección: Galicia,Vigo
Mahou premia ao mellor estudante de hostalería
Tres alumnos da Escola de Hostalería Ciudad de Vigo son os finalistas da II Edición do concurso “Premio ao mellor estudante de hostalería” promovido por Mahou. O vindeiro xoves 16 de maio presentarán ante un comité técnico a proposta de negocio innovadora que levarían a cabo se resultasen gañadores do primeiro premio, así como a receita que expuxeron para esta edición.
Os tres concursantes aspiran a facerse co primeiro premio, consistente na cesión gratuíta e durante un ano dun dos locais de hostalería de Progreso 41 e unha bolsa de emprendemento coa que poderá facer fronte aos gastos de acondicionamento do espazo como, por exemplo, a compra de mobiliario e electrodomésticos. O segundo e o terceiro premio consisten nun convenio de prácticas profesionais dunha duración de tres meses nun restaurante con Estrela Michelín.
Un comité técnico, formado por Rafa Centeo, chef do restaurante con Estrela Michelín Maruja Limón, César Ballesteros, Presidente da Asociación Empresarial de Hospedaxe de Pontevedra (Asehospo), a blogger gastronómica Andrea Gabián (Lady Compostela), Francisco Rodríguez, xerente de Progreso 41 Urban Market, e Gerardo Vázquez, xestor comercial de Mahou-San Miguel, será o encargado de valorar as ideas de negocio e as preparacións realizadas polos aspirantes a mellor hostaleiro.

Comentar noticia

Your email address will not be published.