Maia Pérez, Alexandre Rodríguez, e Paula Toucedo do Club Xadrez Mos, campións das categorías Sub-8, Sub-10 e Sub-14 dos Campionatos Provinciais

A competición disputouse a pasada fin de semana en Vilagarcía e o equipo mosense fixo podios nas catro categorías. En total acadou tres medallas de ouro, dous pratas e dous bronces; que suman sete metais
Por o 23/01/2018 | Sección: Deportes,Galicia,Mos
Maia Pérez, Alexandre Rodríguez, e Paula Toucedo do Club Xadrez Mos, campións das categorías Sub-8, Sub-10 e Sub-14 dos Campionatos Provinciais
Compartir en:

Aluvión de medallas para o Club Xadrez Mos nos Campionatos Provinciais. A pasada fin de semana, os días 20 e 21 de xaneiro, disputáronse os Campionatos Provinciais de Xadrez no Auditorio de Vilagarcía.

Os resultados dos xogadores/as do Club Xadrez Mos no devandito campionato foron moi satisfactorios, logrando podios nas catro categorías e recollendo un total de sete metais: dous medallas de prata, dous bronces e tres ouros. Deste xeito, de entre o total de 31 participantes do club mosense que disputaron a competición, cómpre destacar os seguintes resultados:

Categoría Sub-8:

Javier Del Valle Crespo, 2º Clasificado
Martín Rodríguez Velasco, 4º Clasificado
Maia Pérez Sousa, Campiona Feminino da categoría

Categoría Sub-10:

Alexandre Rodríguez Vieito, 1º Clasificado
Mario Bastos González, 4º Clasificado
Lucas Fernández Vila, 5º Clasificado

Categoría Sub-12:

Xabier Pérez Sousa, 2º Clasificado
Carlos Martínez Crespo, 3º Clasificado

Categoría Sub-14:

Gabriel González Romero, 3º Clasificado
Iker Carrera Pérez, 5º Clasificado
Paula Toucedo Morgadas, Campiona Feminino da categoría