Maio, mes da lingua non esquece a María Victoria Moreno

A Concellería de Normalización Lingüística promove, un ano mais, un amplo abano de actividades a prol da lingua dirixidas a nenos e nenas e tamén a adultos

Maio, mes da lingua enche, un ano máis, de actividades dirixidas a profundar no coñecemento e normalizar o uso do galego en todos os eidos da vida. A Concellería de Normalización Lingüística, dirixida por Alberto Oubiña, desenvolve durante todo o mes – ben organizando ben dando soporte- un amplo abano de actividades con estes obxectivos. A programación inclúe teatro, cinema, literatura, roteiros, obradoiros, música, ou actividades lúdicas como, hoxe mesmo, o Correlingua que ateigou as rúas da cidade con case 1.300 escolares dunha vintena de centros educativos de Pontevedra e bisbarra.

Nesta ocasión a programación de Maio, mes da lingua conxúgase cunha ampla oferta de citas que xiran arredor de María Victoria Morena, a mestra e escritora homenaxeada no Día das Letras Galegas que no 2018 ten o seu epicentro en Pontevedra. A inauguración da placa que sinala a súa vivenda na avenida de VIgo, a presentación do libro O escalón de Ulises. A Pontevedra dos afectos de María Victoria Moreno, a conferencia María Victoria Moreno. A muller que durmía pouco e soñana moito, de Fina Casalderrey, lectura de textos escolleitos de María Victoria Moreno ou un acto popular adicado a autora… dan conta do protagonismo desta estremeña de nacemento, e galega “por amor”.

Programa Maio Mes da lingua

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM