Máis de 2400 inscritos están chamados a participar no plenario de En Marea que se celebra o sábado en Compostela

Nas última semanas En Marea rexistrou 200 novos inscritos para participar este vindeiro sábado no Pazo de Exposicións de Santiago.
Publicado por o día 14/07/2017 na sección de En Marea,Política

Máis de 2400 inscritos están chamados a participar no plenario de En Marea que se celebra o sábado en Compostela

Son 2.400 persoas as que están chamadas a participar no plenario que En Marea celebrará o sábado, 15 de xullo, no Pazo de Congresos de Santiago de Compostela. Un plenario que se celebrará baixo o lema A suma do común e que pretende dar un paso máis no avance da unidade popular e na consolidación do proxecto político e do espazo de En Marea.

A vicevoceira de En Marea, Ana Seijas, explicou como se vai desenvolver o plenario desde o punto de vista organizativo. Estará dividido en dous grandes bloques, un matinal no que se debaterán todos os argumentos de caracter político e un segundo bloque de tarde o que se debaterán os regulamentos organizativos do consello das mareas e da coordinadora.

Na quenda de mañá debaterase o documento principal deste plenario sobre En Marea como alternativa política das maiorías sociais de Galicia, xunto con ponencias de maternidade subrogada, economía, e infraestruturas para Galicia.

Na queda de tarde se debaterán os regulamentos da coordinadora e do consello, a carta financeira e as relacións coas mareas municipalistas e das mareas sectorias.

Ana Seijas explicou que este vai ser un plenario “para debater cara a onde temos que ir e cal é a proposta que lle estamos facendo a Galicia”.

Pola súa banda, Gonzalo Rodríguez apuntou que nas últimas semanas o número de inscritos a En Marea se incrementara en 200 persoas, o que demostra que hai interese “na xente nos debates de En Marea e que os debates suman e demostran un organización que está viva”.

Tanto Ana Seijas como Gonzalo Rodríguez apuntaron que vai ser un “plenario intenso, con moito debate e que demostrará cal é o espírito para este espazo político.