Máis de 1.000 alumnos participan hoxe e mañá na V Feira das Ensinanzas Artísticas e Profesionais de Vigo

“Esta é unha gran mostra das posibilidades de emprego aos que poderedes acceder para seguir facendo Vigo desde as vosas profesións”, destacou Caballero. Esta iniciativa, na que colabora o Concello e que se celebra no hall do Auditorio Mar de Vigo, foi inaugurado esta mañá polo alcalde e pola presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva.
Publicado por o día 26/03/2019 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

Máis de 1.000 alumnos participan hoxe e mañá na V Feira das Ensinanzas Artísticas e Profesionais de Vigo

O Un total de 24 centros formativos de diversas especialidades (música, barbería, audiovisuais, idiomas, hostalería, xoiería, etc.) de Vigo dan a coñecer durante hoxe e mañá máis de cen profesións a uns 1.100 estudantes da comarca na V Feira dás Ensinanzas Artísticas e Profesionais de Vigo. O evento, no que colabora o Concello e que se celebra no hall do Auditorio Mar de Vigo, foi inaugurado esta mañá polo alcalde e pola presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva.

“Esta é unha gran mostra das posibilidades de emprego aos que poderedes acceder e tamén da modernidade; ides coller o relevo para seguir facendo cidade e tédelo que facer desde a vosa profesión”, animou Caballero aos estudantes.

O rexedor destacou o poder de Vigo para “crear e facer industria” e o momento espléndido que vive a cidade no ámbito do turismo, á vez que advertiu aos mozos sobre a importancia de “aprender idiomas”.

Pola súa banda Carmela Silva asegurou que “ás veces non somos conscientes do poderosos e talentosos que somos; aquí podemos ver o poderío de ideas que hai en Vigo e é unha gran ocasión para que coñezades posibles saídas profesionais”.

A feira é un certame aberto ao público en xeral e durante estes dous días, ademais de visitar as casetas poderase participar en talleres, actividades e gozar de miniconciertos e un desfile de moda. O horario é de 9.30 a 14.00 horas e de 16.00 a 19.00 horas.

Algúns dos centros que participan na feira son a Escola Técnica de Xoiería do Atlántico, a Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia, a Escola de Artes e Oficios de Vigo, a Escola de Imaxe e Son de Vigo ( EISV), a Escola de Azafatas e Tripulantes de Cabina de Pasaxeiros de Vigo Air- Hostess e a Escola Superior de Deseño e Moda Goymar-Vigo.

Comentar noticia

Your email address will not be published.