Máis de 100 empresas catalás e 25 pontevedresas participarán mañá nun workshop de Turismo Rías Baixas en Barcelona

Publicado por o día 26/11/2018 na sección de Economía,Turismo

Máis de 100 empresas catalás e 25 pontevedresas participarán mañá nun  workshop de Turismo Rías Baixas en Barcelona

As Rías Baixas desembarcan mañá en Barcelona para a realización do primeiro workshop de destino na capital catalá. A través desta nova iniciativa, a Deputación de Pontevedra, en colaboración co Clúster de Turismo de Galicia, dará cita nunha mesma xornada no Hotel Gran Mariña de Barcelona a preto dunha trintena de empresas da provincia que espertaron o interese de máis de cen empresas de Cataluña.

Entre o case trinta empresas da provincia atópanse hoteis, casas rurais, adegas, axencias de viaxe, empresas de produtos turísticos e servizos auxiliares e emprendedores. En canto ás empresas catalás, atópanse desde operadores turísticos ata medios de comunicación especializados en turismo e asociacións sectoriais. Ademais, está confirmada a presenza do presidente do Centro Galego de Barcelona.

Durante a xornada, que comezará ás 18.00 horas, terán lugar reunións dinámicas coa vista posta en abrir novas vías de negocio e xerar novas oportunidades para o sector turístico da provincia. Carmela Silva presentará a campaña promocional das Rías Baixas e terá lugar un sorteo de viaxes de familiarización entre as empresas asistentes ao workshop.

Comentar noticia

Your email address will not be published.