Máis de 100 persoas visitaron as Illas Cíes este sábado

A naviera persegue con esta iniciativa desestacionalizar un servizo inicialmente pensado para os meses de máis calor e alongalo aos meses de outono
Por o 19/11/2018 | Sección: Galicia,Vigo
Máis de 100 persoas visitaron as Illas Cíes este sábado
A naviera Mar de Ons decidiu ampliar a oferta de servizos ás Illas Cíes e, en concreto, este sábado máis dun centenar de persoas percorren as Illas con ruta guiada incluída (en inglés, para os visitantes estranxeiros). A naviera persegue con esta iniciativa desestacionalizar un servizo inicialmente pensado para os meses de máis calor e alongalo aos meses de outono, sempre que a demanda e a climatoloxía acompañe, como está a ser o caso.
 
Os visitantes contan con saídas os sábados desde Cangas e Vigo; desde o primeiro porto ás 10.30 e 15.00 horas e desde o segundo ás 11.00 e 15.30 horas. O regreso realízase ás 13.30 e 18.00 horas.
 
A demanda durante as fins de semana de outubro, e tamén os de novembro, foi e está a ser moi positiva polo que a naviera non descarta seguir facendo este tipo de viaxes fóra da Liña Regular e seguir ampliando as visitas ao Parque Nacional das Illas Cíes en período non estival.

Comentar noticia

Your email address will not be published.