Máis de 107.000 viaxeiros rexistraron os seus datos de contacto nos primeiros días de vigor da norma

A meirande parte deles, 62.446, proceden de territorio nacional, fundamentalmente do País Vasco e de Cataluña

Un total de 107.412 persoas inscribiron os seus datos de contacto no rexistro de viaxeiros que puxo en marcha a Consellería de Sanidade o pasado día 29 de xullo. Delas 62.446, o 58,1% do total, proceden das distintas comunidades autónomas con comunicación obrigatoria, concretamente 29.783 do País Vasco, 24.150 de Cataluña, 3.674 de Aragón, 3.011 de Navarra e 1.828 da Rioxa.

Así mesmo rexistráronse 449 viaxeiros que chegaron dos países cun risco epidemio-lóxico máis elevado. Concretamente 121 dende Estados Unidos, 75 de Luxemburgo, 75 de México, 46 de Brasil, 42 da República Dominicana, 33 de Romanía, 22 de Chile, 16 de Ecuador, 11 de Perú e 8 de Colombia.

O resto dos casos corresponden a viaxeiros doutros países con risco epidemiolóxico menos elevado que os anteriormente citados ou a viaxeiros que se rexistraron voluntariamente, xa que proveñen de comunidades autónomas e países que non son de declaración obrigatoria.

A Consellería de Sanidade lembra que todos os viaxeiros que cheguen a Galicia, tras permanecer dentro do período de 14 días anteriores á súa chegada en territorios que posúan unha incidencia epidemiolóxica 3’5 veces superior á de Galicia, deberán comunicar os seus datos de contacto ás autoridades sanitarias. Esta norma é de obrigado cumprimento, independentemente de que os viaxeiros residan na nosa comunidade ou non.

As persoas que visiten Galicia, teñen vintecatro horas desde a súa chegada para comunicar os seus datos de contacto, un trámite que terán que realizar cada un dos viaxeiros. A lista dos territorios cuxa incidencia epidemiolóxica requira desta obriga, pode consultarse na web do Sergas e será actualizada quincenalmente.

Como facilitar os datos de contacto

Para proporcionar esta información, pódese cubrir o formulario que esta dispoñible na web https://coronavirus.sergas.gal/ ou subministrar os datos chamando ao teléfono 881 00 20 21. A opción máis sinxela é facer esta inscripción online. Os residentes en Galicia deberán deixar sen cubrir no formulario a data de saída de Galicia.
A opción da chamada telefónica está prevista para as persoas que non teñan acceso a internet, aínda así reforzáronse os servizos e de atención telefónica e incorporáronse máis liñas.

A todos os viaxeiros facilítaselles un contacto por se tivesen algún tipo de sintomatolo-xía, ben a través do seu médico de cabeceira se son residentes con tarxeta sanitaria en Galicia, ou a través do número de teléfono anteriormente citado para aqueles que non dispoñan dela. Tamén se lles proporciona información e recomendacións sanitarias e poderán adoptarse as medidas de seguimento, recoñecemento e control que se conside-ren necesarias. Así, por exemplo, no caso de persoas que veñan de territorios cun risco máis alto, independentemente de que teñan sintomatoloxía ou non, podería promoverse a realización dunha proba diagnóstica.

Cómpre destacar que a atención que se considere necesaria polos profesionais do Servizo Galego de Saúde, non terán custo para as persoas que a precisen, incluíndo a reali-zación de probas diagnósticas ou, no seu caso, dos tratamentos indicados.

Os establecementos de aloxamento turístico están obrigados a informar desta medida aos seus clientes; así como os responsables de axencias de viaxe, operadores turísti-cos, compañías de transporte aéreo ou marítimo e outros axentes similares ao incio do proceso de venda dos billetes. Así mesmo deben facelo ás empresas que despracen aos seus traballadores por motivos laborais.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM