Máis de 117.000 alumnos de medio millar de centros escolares consumen froita e leite nos colexios este curso grazas ao apoio da Consellería do Medio Rural

Este programa financia integramente a compra destes produtos para crear hábitos alimentarios saudables
Por o 01/01/2019 | Sección: Alimentación,Educación
Máis de 117.000 alumnos de medio millar de centros escolares consumen froita e leite nos colexios este curso grazas ao apoio da Consellería do Medio Rural
Compartir en:

Un ano máis centos de alumnos galegos de infantil, primaria e secundaria consumirán froita e leite nos colexios grazas ás axudas da Consellería do Medio Rural. En concreto, este curso serán 117.003 alumnos de 537 centros escolares os que se beneficiarán deste programa que ten por obxecto crear hábitos alimentarios saudables.

Para iso, este departamento achega 1,1 millóns de euros a provedores autorizados para subministrar froitas e leite ao alumnado de centros escolares de Galicia durante o curso 2018-2019. En concreto, o programa de froita escolar conta cun orzamento de máis de 504.000 euros e atenderá a 109.235 alumnos de 494 centros. No caso do programa de leite, o importe é de case 642.000 euros e atenderá a 42.346 alumnos de 233 centros.

Estas axudas están cofinanciadas pola Unión Europea a través do Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga) e enmárcanse no programa Aliméntate ben coordinado pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e nos que tamén colaboran as consellerías de Sanidade e do Mar.

Ademais, este ano a Consellería do Medio Rural tamén achega fondos propios para así subvencionar integramente estas compras e que os centros non teñan que facer ningún aporte económico.

Así, a froita e o leite deben consumirse durante o horario de recreo co obxectivo de fomentar e consolidar, a longo prazo, o consumo destes produtos entre os nenos e nenas de entre 3 e 16 anos e conseguir que adquiran hábitos de consumo saudables.

Comentar noticia

Your email address will not be published.