Máis de 130 expositores promocionaron os productos do mar galegos da man da xunta nas feiras nacionales e internacionales de pesca e alimentación

A Consellería do Mar está presente en SIAL cun posto de 270 metros cadrados no que apoia a 13 empresas galegas que solicitaron a súa asistencia coa Xunta
Por o 25/10/2018 | Sección: Mar
Máis de 130 expositores promocionaron os productos do mar galegos da man da xunta nas feiras nacionales e internacionales de pesca e alimentación

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, destacou hoxe na feira alimentaria internacional SIAL de París o apoio da Xunta ás empresas de produtos do mar galegos na apertura de novos mercados e na consolidación dos xa existentes a través das feiras. Nesta liña, avanzou que este ano máis de 130 expositores –a maior parte pequenas e medianas empresas- amosaron os seus produtos da man da Consellería do Mar nos certames nacionais e internacionais de pesca e alimentación nos que participou a Xunta de Galicia.

Así, Rosa Quintana tamén destacou que para promocionar os produtos da pesca, do marisqueo e da acuicultura neste tipo de eventos, o seu departamento investiu este ano máis de dous millóns de euros. No caso de SIAL, esta é a última feira de carácter internacional á que acode a Consellería do Mar este ano e faino da man de 13 empresas galegas.

Durante o percorrido polos diferentes postos das empresas, no que estivo acompañada pola directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Mercedes Rodríguez, a conselleira insistiu na importancia de acudir ás feiras, xa que contribúen a abrir vías de expansión e de internacionalización. Tamén contribúen, engadiu, ao crecemento das propias empresas que amosan os produtos galegos polo mundo. De feito, destacou que algunhas das PEMES que empezaron indo ás feiras da man da Consellería do Mar hoxe van de xeito individual grazas ao apoio que se lles brinda dende a Xunta cando van como empresas coexpositoras.

Neste sentido, Rosa Quintana lembrou que a actividade destas empresas que traballan arreo para especializarse e diferenciarse contribúen ao prestixio dos produtos alimentarios galegos que vai en aumento e fai que o nome de Galicia asociado á gastronomía sexa cada vez máis recoñecido fóra das nosas fronteiras pola súa calidade.

Feira SIAL

A feira internacional SIAL é bienal e nesta edición está previsto que asistan 155.000 representantes do sector procedentes de máis de 200 países. Deles o 54% pertence á industria da distribución e do comercio, o 24% ao da industria agroalimentaria, o 18%

ao da restauración e o 4% aos servizos. Nela promociónanse máis de 700 expositores de 76 países que teñen a oportunidade de ver

Nesta edición número 28 de SIAL, a Consellería do Mar está presente cun posto de 270 metros cadrados que acolle a 12 empresas galegas coexpositoras pertencentes ás áreas da conserva, conxelado e pesca fresca.

Comentar noticia

Your email address will not be published.