Máis de 1600 persoas participarán mañá na VII Carreira Solidaria pola Esclerose Múltiple

A Asociación Viguesa de Esclerose Múltiple (AVEMPO) rexistrou 1665 inscricións, superando así a cifra obtida na anterior edición.
Publicado por o día 26/10/2019 na sección de Eventos,Galicia,Vigo

Máis de 1600 persoas participarán mañá na VII Carreira Solidaria pola Esclerose Múltiple

Máis de 1600 persoas participarán mañá domingo na VII Carreira Solidaria pola Esclerose Múltiple. O evento deportivo organizado pola Asociación Viguesa de Esclerose Múltiple (AVEMPO) terá lugar ás 11:00 horas na Alameda Suárez Llanos (Bouzas). Os dorsais poden recollerse hoxe sábado na sede de Avempo (Rúa Camilo Veiga, 44) de 11.00 a 19.00 horas e mañá domingo na propia alameda de 9.00 a 10.30horas.

Cada nova edición, a Carreira Solidaria pola Esclerose Múltiple incrementa en número de participantes. Nesta ocasión, a Asociación Viguesa de Esclerose Múltiple superou de novo a cifra de rexistrados do ano pasado; reunindo a 1665 participantes que realizarán o percorrido para apoia ás persoas afectadas de Esclerose Múltiple e aos seus familiares.

PERCORRIDO DE LA CARRERA

A saída e a meta da VII Carreira Solidaria pola Escleroses Múltiple estarán situadas na Alameda Suárez Llanos e percorrerá as rúas Pescadores, Eduardo Cabelo, Av. Beiramar, Jacinto Benavente, Coruña e Tomás A. Alonso; sumando unha distancia total de cinco quilómetros. A carreira, de carácter competitivo e cronometrada, contará con dúas modalidades: 5 K (unha volta ao percorrido) e 10 K (dúas voltas ao percorrido) e, ademais, unha andaina de 5 K.

Como en anos anteriores, a organización poñerá ao dispor dos participantes un servizo de gardarroupa, para que poidan deixar as súas pertenzas durante a carreira, e un servizo de duchas, que estará dispoñible no Pavillón Polideportivo de Bouzas. Ademais, os atletas que o necesiten terán á súa disposición un servizo de fisioterapia na propia alameda.

Como novidade, este ano, se impatirá unha masterclass gratuíta de zoa de 12.15 a 12.40 horas na que poderán participar todas as persoas interesadas, sen necesidade de estar inscritas na carreira.

O evento converteuse nun alicerce importante para o mantemento dos servizos que ofrece a asociación. A recadación da anterior edición permitiu a AVEMPO contratar un fisioterapeuta durante doce meses a media xornada. Tras moito tempo de loita, a redución de axudas que se sufriu nos últimos anos fai que a participación social e solidaria sexa máis importante e necesaria que nunca.

Coa carreira, AVEMPO busca tamén difundir o labor que fai a asociación e sensibilizar á sociedade coa Esclerose Múltiple, unha enfermidade para a que aínda non existe cura e que afecta cada vez máis á xente nova.