A Mesa de Contratación do Concello de Pontevedra abriu a pasada semana 23 ofertas para executar a reforma a última parte de Benito Corbal, o tramo situado entre Sagasta e a praza do Hospital.
As compañías que presentaron oferta son:
1. Ediserpo S.L.
2. Montajes J.M.Iglesias S.L.
3. Construcciones y proyectos Abilleira
4. Naturgalia
5. Construcciones Obras y Viales
6. Construcciones Fechi
7. ACEVI
8. E.C.Casas
9. Narom
10.Obras y saneamentos de Galicia
11. Movimientos de áridos y construcciones de Arosa
12.Sestrama-Ibérica
13.Construmax de Contratas
14.Explotacións medioambientais
15.BCNOR Gestión y Soluciones avanzadas
16.Sergonsa Sevicios
Gabinete de Comunicación. Alcaldia
[email protected]
www.pontevedra.gal
17.Fevisa Vías y Obras
18.Obras y seneamientos Galicia
19.Nexia Infraestruturas
20.Obras, Reformas y Saneamientos
21.Construcciones Ramírez
22.Elsamex
23.Xestión Ambiental de Contratas
A actuación ten un orzamento de 218.000 euros e un prazo de execución de 4 meses.
A decisión municipal de reformar este último tramo de Benito Corbal débese ao intenso tráfico peonil que ten a rúa. Proxéctase ampliar os espazos peonís, mellorar a mobilidade e seguridade das persoas e garantir o tráfico de servizos (carga e descarga, servizos, accesos a garaxes… ).
Desbotada a plataforma única, óptase por un deseño que inclúe a ampliación de beirarrúas (pasarán de 3 a 4 metros de ancho) a supresión de prazas de aparcamento libres e a creación de prazas de servizos (un carril na marxe dereita).
Noticias de última hora en Vigo