Máis de duascentas cidades súmanse contra a violencia de xénero nas concentracións nocturnas previstas hoxe.
Emerxencia Feminista convocou concentracións nocturnas este próximo 20 de setembro para declarar o estado de alerta. No caso de España, este último verán foi un dos peores en cuestións de acoso sexual, violencia machista, asasinatos e abusos sexuais, segundo os datos ofrecidos polas organizadoras.
Neste momento xa se sumaron máis de 200 cidades e poboacións de todos os recunchos do país, e tamén poboacións de Francia e Arxentina, conseguindo así unha dimensión internacional.
As concentracións comezarán ás 20h no caso de España, nos diferentes lugares indicados no mapa interactivo.
Reclámase con urxencia o seguimento do cumprimento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, ademais, de esixir de novo a adhesión ao convenio de Istambul.
Para seguir as últimas informacións do evento pódese consultar os hashtags #EmergenciaFeminista #Luzvioleta # nochevioleta #20S
Aquí tedes o cartaz da de Vigo
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.