Máis de 23.000 quilos de comida recollidos en Vigo, Redondela, Moaña, Porriño e Baiona

Un total de 315 voluntari@s da Fundación Provincial Banco de Alimentos de Vigo participaron esta fin de semana no Zampakilos Solidario celebrado en distintos supermercados do grupo Vegalsa-Eroski
Publicado por o día 17/06/2019 na sección de Baiona,Galicia,Moaña,O Porriño,Redondela,Vigo

Máis de 23.000 quilos de comida recollidos en Vigo, Redondela, Moaña, Porriño e Baiona

A Fundación Provincial Banco de Alimentos de Vigo recibiu esta fin de semana máis de 23.000 quilos de comida procedentes do Zampakilos Solidario campaña celebrada en distintos supermercados de Vegalsa-Eroski en Vigo, Moaña, Redondela, Porriño e Baiona.
 
Por localidades, en Vigo recibíronse 18.000 quilos de comida; en Redondela, 2.000 quilos; en Moaña, 1.500 quilos; en Baiona, 1.500 quilos; e, en Porriño, outros 600 quilos máis.
 
Un total de 315 voluntari@s da ONG, perfectamente identificados con chalecos da entidade, facilitaron todas as doazóns que a cidadanía quixo entregar nas diferentes superficies comerciais
 
O Zampakilos Solidario cumpriu o seu terceiro ano e desenvolveuse de maneira simultánea durante o venres e o sábado en numerosos supermercados do grupo empresarial en Galicia, Asturias e Castela e León. Tamén houbo recollida de alimentos en Pontevedra e Marín onde se recadaron uns 4.300 quilos de alimentos Así mesmo, a cadea
 
empresarial comprometeuse a doar unha achega adicional do 4 por cento en produtos e, ademais da entrega de alimentos directamente nas tendas, os clientes tiveron a posibilidade por primeira vez de facer doazóns económicas a través das caixas dos establecementos, creándose unha liña de crédito para cada Banco de Alimentos que poderemos trocar ao longo do ano en función das nosas necesidades.
 
En canto ao Banco de Alimentos de Vigo, esta acción solidaria supoñerá un importante impulso en canto ao abastecemento de produtos básicos para o almacén co que conta en Lavadores.
 
2018, en cifras Durante 2018, o Banco de Alimentos entregou preto de 1,8 millóns de quilos de comida (1.760,629 quilos), a través dos 150 colectivos sociais cos que traballa, cubrindo o 35% das necesidades das 25.000 persoas ás que axuda.
 
A ONG, creada en 1995, apolítica e aconfesional, dedica os seus esforzos para facer cumprir un dos dereitos humanos máis fundamentais: o acceso a unha alimentación suficiente, segura e saudable de maneira gratuíta. Desde 2014, a entidade conta con delegación propia en Pontevedra.

Comentar noticia

Your email address will not be published.