Máis de 3.500 escolares participan na campaña de “Vigo Recicla”

Unhas das principais novidades deste ano é a proxección dun vídeo clip cunha nova canción interpretada polas mascotas Dinoseto e Dinosetiño
Publicado por o día 08/04/2019 na sección de Galicia,Vigo

Máis de 3.500 escolares participan na campaña de “Vigo Recicla”

Máis de 3.500 escolares de educación primaria de 43 colexios de Vigo están participando dende o pasado mes de febreiro na campaña “Vigo Recicla”; unha iniciativa que este ano chega a súa quinta edición e que ten por obxectivo ensinar aos mái pequenos a importancia de reciclar e manter limpa a cidade.

A finalidade da campaña é iniciar ás nenas e nenos na responsabilidade do coidado e da limpeza da cidade dunha forma divertida e didáctica. Con este proxecto esperamos que os rapaces se conciencien cada vez máis da importancia da correcta separación dos distintos residuos e materiais para a conservación e protección do medio ambiente.

A campaña conta cunha unidade móbil, con Dinoseto e Dinosetiño como protagonistas. Dinoseto está representado fisicamente por unha mascota vivinte desta famosa personaxe e acompañado por Dinosetiño, un boneco articulado con voz que explicarán aos máis pequenos as principais claves da reciclaxe e a limpeza. As dúas mascotas acoden aos centros escolares a bordo dunha unidade móbil que se converte en escenario e no que realizan unha representación teatral na que interactúan cos máis pequenos para que aprendan a importancia de Reducir, Reutilizar e Reciclar.

Nesta obra de teatro Dinoseto e Dinosetiño amosan aos rapaces de segundo, terceiro e cuarto de primaria como se fai unha boa separación e así poder ter unha cidade fermosa e impa. Para isto, hai unha mesa de comedor con diferentes elementos que teñen que separar e enviar ao colector correspondente (azul, verde, amarelo ou orgánico). Ademais, como novidade, hai presenza de contedores para a reciclaxe de roupa e tamén para a reciclaxe de aceite usado. Os dous dinosauros falan entre si e cos nenos para reciclar correctamente.

Na campaña anterior, Dinoseto e Dinosetiño tamén ensinaban aos nenos a ritmo de rap como separar e reciclar para manter limpa a cidade. Este ano, presentan unha nova canción para sorprender aos máis pequenos que se proxecta na unidade móbil en formato de vídeo clip.

“Vigo Recicla” é unha campaña posta en marcha por FCC, empresa adxudicataria dos servizos de recollida de residuos, limpeza urbana e limpeza de praias da cidade de Vigo.