Máis de cinco mil tapas de cociña galega, concretamente cinco mil cincocentas, foron degustadas na sexta edición do festival culinario Tast a la Rambla, un dos eventos gastronómicos máis destacados do ano, que se clausurou en Barcelona a pasada semana. Co apoio do Centro Galego de Barcelona, o restaurante Arume, do mesmo grupo ao que pertence o Louro, do propio Centro,
contou cun stand no que se serviu un en el que se serviu un “Tartar de loura galega, pan de centeo, cenoria e herbas nórdicas”, un prato que combinaba tradición culinaria de Galicia con innovación e orixinalidade.
Esa combinación creativa é unha constante nos restaurantes do grupo, capitaneado polo chef galego Manu Núñez e no que, ademais do Arume e o Louro, se integran o Cera23 e o Viana, todos eles referentes na oferta gastronómica de Barcelona. Tast a la Rambla reúne aos cociñeiros e establecementos máis prestixiosos, tanto en cociña tradicional coma de autor, metropolitana, tapas e pastelería. Nesta edición bateuse o récord de asistentes do ano pasado, chegando aos 670.000 e ás 190.000 degustacións. O evento incluíu un concurso de tapas; obradoiros impartidos por
cociñeiros, pasteleiros e sumilleres; exposicións de fotografía, arquitectura, deseño, vídeo e activismo; actuacións musicais e outras actividades.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.