O Concello de Ponte Caldelas avanza na posta en marcha da web de venta online á que poderán acollerse todos negocios de Ponte Caldelas. O portal presentouse onte ante máis de 50 persoas interesadas en participar neste iniciativa que abrirá unha nova porta de venta para os negocios do municipio: unha porta que estará aberta 24 horas ó día durante 365 días ó ano.
A iniciativa que o Concello de Ponte Caldelas pon en marcha xunto á Asociación de Comerciantes e Empresarios do municipio (Coempo) pretende abrir un novo nicho de mercado para todos os establecementos e tamén dar un impulso necesario acorde ó século XXI, onde a maior parte das persoas empregan internet para buscar os productos que lles interesan. “Internet é o escaparate no que teñen que estar todos os comercios de Ponte Caldelas”, indica o alcalde la localidade, Andrés Díaz, que destaca a importancia de adaptarse ás novas tecnoloxías logo de coñecer de preto o que supón un peche prolongado dos establecementos.
A empresa encargada da posta en marcha da web presentou onte a todos os participantes na reunión o funcionamento da mesma, o xeito de traballar de maneira actualizada e permanente e todas as posibilidades que ofrece o portal. Unha vez que se poña en marcha a web, determinaranse as promocións de lanzamento que se deseñarán.
Noticias de última hora en Vigo