Máis de 500 escolares visitan Aqualia este ano

A empresa recibiu hoxe a primeira visita do novo curso escolar formada por 25 alumnos do Colexio Carmelitas. A valoración xeral dos colexios ás visitas é dun 9,6.
Publicado por o día 12/11/2019 na sección de Galicia,Vigo

Máis de 500 escolares visitan Aqualia este ano

Un grupo de 25 escolares do Colexio Carmelitas de Vigo foi o encargado de inaugurar o período de portas abertas que Aqualia realiza aos distintos centros docentes da cidade. Trátase dunha iniciativa que a empresa concesionaria do Servizo Municipal de Augas de Vigo realiza co obxectivo de dar a coñecer o ciclo integral do auga e poñer en valor a importancia dun recurso natural tan valioso como é a auga.

“Cada ano recibimos máis alumnos e as valoracións por parte dos profesores son mellores. Os colexios repiten e traen aos escolares a Aqualia como parte da súa actividade docente e nós estamos encantados de poder colaborar na formación dos nenos. Para Aqualia é moi importante este tipo de iniciativas que teñen o obxectivo de fomentar actitudes responsables e sostenibles respecto ao auga”, asegura José María Ardoy, director de Aqualia Vigo.

Gran acollida dos centros docentes

Durante o curso escolar anterior, máis de 500 alumnos de distintos colexios da cidade visitaron as instalacións da Estación de Tratamento de Auga Potable (ETAP) de Aqualia. Dende a posta en marcha desta iniciativa en 2012, a acollida por parte dos centros docentes é moi positiva e posibilita a posta en marcha de accións de mellora. A valoración xeral das visitas do ano pasado (de 0 a 10) foi de 9,6.

Comentar noticia

Your email address will not be published.