Máis de 6.200 mulleres comezan desde hoxe accións formativas do programa “CONECTADAS”

Os obradoiros de igualdade da Deputación de Pontevedra serán desenvolvidos en 25 concellos da provincia
Publicado por o día 01/10/2019 na sección de Deputación de Pontevedra

Máis de 6.200 mulleres comezan desde hoxe accións formativas do programa “CONECTADAS”

O programa da Deputación de Pontevedra “Conectadas 2019” continúa poñendo en marcha accións formativas dirixidas a empoderar ás mulleres da provincia mediante a formación. Deste xeito, desde este martes 6.240 mulleres pertencentes a asociacións de 26 concellos pontevedreses comezan 51 cursos. En liñas xerais, a través desta iniciativa da institución provincial, está previsto que participen 6.240 mulleres de 25 concellos da provincia.

Máis polo miúdo, Agolada acollerá dende o 5 de outubro ata o 28 de decembro un curso de “Pintura” no que participarán as mulleres da Asociación Amas de Casa Temporas. As participantes gozarán da actividade os sábados de 17:00 a 20:00 horas. No municipio de Cambados a Asociación de Mulleres Rurais A Seca de Corbillón haberá un taller de “Horta ecolóxica” que comezará o 3 de outubro e desenvolverase os xoves ata o 19 de decembro entre as 20:00 e as 23:00 horas.

Pola súa banda en Baiona contarán con dous talleres. O primeiro deles chega da man da Asociación de Viudas de Bayona “Mercedes de la Escalera” e abordará a “Risoterapia” os mércores, dende mañá ata o 15 de xaneiro, entre as 17:00 e as 19:30 horas. O mesmo día comezará un curso sobre “Cociña e alimentación. Hábitos saudables” que durará ata o 18 de decembro de 17:00 a 20:00 horas grazas á Asociación Amas de Casa de Baiona.

No que respecta a Caldas de Reis, hoxe mesmo dará comezo un obradoiro de “Pilates” a cargo da Asociación de Saiar pola Igualdade que durará ata o 7 de febreiro e desenvolverase os martes e xoves entre as 20:15 e as 21:15 horas. A Asociación Mulleres Rurais Santa Lucía de Arco tamén organiza un taller de “Pilates” neste concello, que terá lugar os luns e os venres entre o 4 de outubro e o 16 de decembro, entre as 19:00 e as 20:30 horas. Pola súa banda, a Asociación Socio-Cultural A Saleta brindará a oportunidade de practicar “Ximnasia de Mantemento” os luns e os venres entre o 4 de outubro e o 3 de febreiro, de 20:30 a 21:30 horas.

A Asociación de Mulleres Escola Vella de O Hio leva a Cangas un obradoiro de “Risoterapia” que comezará hoxe e rematará 20 de decembro. O horario deste taller é os martes de 18:30 a 20:00 horas e os venres de 19:00 a 20:30 horas. No mesmo concello as mulleres que o desexen poderán afondar en “Cociña e alimentación. Hábitos saudables” os venres dende o 4 de outubro ata o 3 de xaneiro, entre as 17:00 e as 20:00 horas, grazas á Asociación de Mulleres Progresistas de Darbo.

Pola súa banda, en Catoira a Asociación de Mulleres Rurais Ascuas fará un obradoiro de “Inciación ao scrapbooking” os sábados, as clases comezarán o 5 de outubro e rematarán o 14 de decembro e terán lugar entre 17:00 e 21:00 horas. No concello de Covelo a Asociación Cultural Virxe da Luz levará a cabo un obradoiro de “Risoterapia” os venres a partir do 4 de outubro e ata o 16 de xaneiro entre as 17:00 e as 19:30 horas.

O concello da Estrada contará con varios obradoiros de “Conectadas”. Hoxe mesmo comeza un obradoiro de “Taichí” a cargo da Asociación Mulleres Rurais Castro Valente que terá lugar os martes ata o 4 de febreiro, entre as as 20:00 e as 22:00 horas. Tamén hoxe dará comezo un taller de “Risoterapia” da man da Asociación de Mulleres Rurais Santa Clara Ancorados que se desenvolverá os martes e xoves ata o 12 de decembro entre as 16:30 e as 18:00 horas. Este martes tamén dará comezo un obradoiro de “Xardinería” organizado pola Asociación de Consumidores y Amas de Casa de A Estrada que terá lugar os martes de 17:00 a 20:00 horas e que finalizará o 17 de decembro.

No mesmo concello comezará mañá un curso de “Cociña e alimentación. Hábitos saudables” que se desenvolverá os mércores ata o 15 de xaneiro da man da Asociación Rural de Amas de Casa de Arnois entre as 20:00 ou 20:30 horas ata as 22:30 ou 23:00 horas. Tamén en A Estrada o 4 de outubro dará comezo un taller de “Pintura” grazas á Asociación Cultural Mulleres Rurais San Xurxo Vea que terá lugar os venres ata o 26 de xaneiro entre as 20:00 e as 22:30 horas. O mesmo día tamén comezará un obradoiro de “Intelixencia emocional” que se desenvolverá ata o 3 de xaneiro os venres de 17:30 a 20:30 horas da man da Asociación Mulleres Rurais Avelina Valladares.

Pola súa banda, o concello de Lalín inicia este mes catro obradoiros de “Ximnasia de mantemento”. O primeiro chega da man da Asociación de Mulleres en Igualdade de Donramiro e espallarase dende hoxe ata o 23 de xaneiro os martes e xoves entre as 20:00 e as 21:00 horas. O segundo comezará o xoves, 3 de outubro, e desenvolverase ata o 27 de xaneiro os luns e os xoves entre as 18:00 e as 19:00 horas grazas á Asociación de Mulleres en Igualdade de Bendoiro. O terceiro dará comezo o 4 de outubro e durará

ata o 28 de febreiro, tendo lugar os venres entre as 21:30 e as 23:00 horas por iniciativa da Asociación Mulleres en Igualdade de Rodis. O derradeiro destes talleres terá lugar os sábados dende 5 de outubro ata o 11 de xaneiro entre as 16:30 e as 19:00 horas grazas á Asociación de Mulleres en Igualdade de Galegos.

En Lalín tamén terá lugar un obradoiro de “Iniciación ao scrapbooking” os martes dende hoxe ata 29 de xaneiro entre as 21:00 e as 23:00 horas da man da Asociación de Mulleres en Igualdade de Prado. Amais, o concello o acollerá un taller de “Pilates” grazas á Asociación de Mulleres de Barcia, a actividade comezará o xoves, 3 de outubro e desenvolverase todos os xoves ata o 27 de febreiro entre as 11:00 e as 12:30 horas.

No concello de Marín hoxe comezarán dous talleres que durarán ata o 12 de decembro e que se desenvolverán os martes e xoves entre as 19:00 e as 20:30 horas. O primeiro deles realizarase grazas á Asociación Veciñal Pardavila parroquia San Julián e tratará a “Relaxación e manexo do estrés: movementos en calma”. O segundo é un “Obradoiro de Mindfulness” que chega da man da Asociación Cultural Santo Tomé de Piñeiro-Marín. Este concello do Morrazo tamén acollerá un taller de “Artesanía en coiro” que se desenvolverá os xoves entre o 3 de outubro e o 24 de xaneiro entre as 18:00 e as 20:00 horas grazas á Asociación Española Contra el Cáncer de Marín.

Pola súa banda, Mondariz contará cun curso de “Ioga” programado pola Asociación de Veciños Xabriña de Mondariz que terá lugar os luns e os mércores dende mañá ata o 3 de febreiro entre as 20:00 e as 21:00 horas. En Mos a Asociación Sociocultural Malvela promove un obradoiro de “Coidados propios do teu benestar, exercicios prácticos e motivacionais” os martes dende hoxe ata o 4 de febreiro, entre as 17:00 e as 19:00 horas. No mesmo concello a Asociación de Mulleres Rurais Valle da Louriña propón un curso de “Alfabetización dixital II: Internet, correo electrónico, manexo da tableta, teléfono intelixente…” entre hoxe e o 12 de xaneiro. O obradoiro desenvolverase os martes de 16:30 a 17:30 horas e os sábados de 12:00 a 13:30 horas.

A Asociación de Personas con Discapacidad de la Comarca do Condado y Paradanta levará ao concello de Ponteareas un obradoiro de “Risoterapia” que terá lugar os luns e os mércores dende mañá ata o 16 de decembro entre as 17:00 e as 18:30 horas. No que respecta ao concello de Pontevedra terán lugar dous talleres de “Pilates”. O primeiro deles chega da man de Xuntos Asociación de Síndrome de Down e comezará hoxe mesmo desenvolvéndose ata o 12 de decembro os martes e xoves entre as 17:30 e as 19:00 horas. O segundo realizarase grazas á Asociación Cultural A Queimada e terá lugar os xoves dende o 3 de outubro ata o 27 de febreiro entre as 21:30 e as 23:00 horas.

O concello de Salvaterra de Miño contará cun curso de “Iniciación ao scrapbooking” promovido pola Asociación de Veciños de Cabreira-Xermen-Salvatierra e que terá lugar os sábados entre as 17:00 e as 19:30 horas dando comezo o 5 de outubro e rematando o 19 de xaneiro. En Sanxenxo a Asociación de Mulleres Rurais e Consumidoras Santa Catalina de Portonovo levará a cabo un taller de “Conservación de alimentos, conservas artesanais” que terá lugar os mércores dende mañá ata o 18 de decembro entre as 16:30 e as 19:30 horas. “Conectadas” tamén chegará a Silleda cun obradoiro de “Ximnasia de mantemento” realizado pola Asociación de Mulleres Rurais de Dornelas que comezará mañá e desenvolverase ata o 16 de decembro os luns e os mércores entre as 16:00 e as 17:30 horas.

En Soutomaior terá lugar un obradoiro de “Iniciación á costura” a través da Asociación de Veciños de Alxan que comezará o día 3 de outubro e desenvolverase os xoves ata o 3 de xaneiro entre as 18:00 e as 20:30 horas. Ao mesmo concello a Asociación de Veciños San Benito de Romariz-Soutomaior levará a cabo un curso de “Pilates” os luns e os venres dende o 4 de outubro ata o 19 de decembro entre as 18:00 e as 19:30 horas. Por outra banda, a Asociación Amas de Casa, Consumidores Usuarios de Tui levará a cabo dentro do programa “Contectadas” un curso de “Alfabetización dixital II: Internet, correo electrónico, manexo da tableta, teléfono intelixente…” no concello de Tui que terá lugar os mércores dende mañá mesmo ata o 18 de decembro, entre as 16:30 e as 19:30 horas.

Pola súa banda, o concello de Vigo acollerá catro cursos de “Conectadas”. A Asociación Española Contra el Cáncer achegará o “Teatro” ás mulleres que o desexen os mércores dende mañá ata o 18 de decembro entre as 10:00 e as 13:00 horas. Tamén se desenvolverá un curso de “Alfabetización dixital I: do papel ao ordenador” grazas á Asociación de Vecinos O Freixo, que terá lugar os mércores dende mañá ata o 19 de febreiro entre as 18:00 e as 19:30 horas. Amais, o concello acollerá un taller de “Cociña e alimentación. Hábitos saudables” da man da Asociación Veciñal Cultural Recreativa San Mamed de Zamanes, o curso levarse a cabo os xoves entre o 3 de outubro e o 19 de decembro entre as 19:00 e as 22:00 horas. Por último, o concello vigués acollerá un curso de “Bricolaxe e reparacións no fogar” da man da Asociación de Vecinos Nosa Terra de Alcabre que comezará o 4 de outubro e rematará o 17 de xaneiro cunha sesión semanal en horario de 17:00 a 19:30 horas.

No concello de Valga a Asociación de Veciños Cultural e Deportiva de Cordeiro achegará un taller de “Cociña e alimentación. Hábitos saudables” que terá lugar os

venres dende o 4 de outubro ata o 4 de xaneiro entre as 19:00 e as 22:00 horas. En Vilaboa a Asociación de Mulleres Rurais Boa Vila impartirá un curso de “Iniciación á costura” que se desenvolverá os mércores dende mañá ata o 18 de decembro ente as 16:00 e as 19:00 horas. O concello de Vilagarcía de Arousa contará cun obradoiro de “Conservación de alimentos, conservas artesanais” promovido pola Asociación de Mulleres Rurais de Fontecarmoa, desenvolverase os mércores dende mañá ata o 18 de decembro entre as 19:00 e as 22:00 horas.

Pola súa banda, en Vila de Cruces a Asociación Mulleres Rurais de Sabreixo achega ás mulleres un curso de “Pilates” que comezará mañá e rematará o 20 de febreiro tendo lugar os mércores entre as 21:00 e as 22:30 horas. A Asociación de Mulleres Rurais de Insua-Duxame-Portode levará a cabo no mesmo concello un obradoiro de “Artesanía en coiro” que se desenvolverá os venres dende o 4 de outubro ata o 4 de xaneiro entre as 15:30 e as 18:30 horas.

Por último, o concello de Vilanova de Arousa contará cun obradoiro de “Ioga” da man da Asociación de Mulleres Rurais As Aceñas de Baion que comezará mañá e rematará o 28 de novembro e terá lugar os luns e os mércores entre as 20:00 e as 22:00 horas. A Asociación de Mulleres Rurais Lolita Tigo de Vilanova achegará ao concello un taller de “Cociña e alimentación. Hábitos saudables” que se desenvolverá os mércores dende mañá ata o 18 de decembro entre as 19:30 e as 22:30 horas. O concello tamén acollerá dous cursos de “Pilates”. O primeiro deles chegará da man da Asociación Mulleres Rurais O Mouriño e terá lugar os xoves dende o 3 de outubro ata o 27 de febreiro entre as 20:00 e as 21:30 horas. O segundo comezará o 4 de outubro e rematará o 3 de xaneiro desenvolvéndose os venres entre as 20:00 e as 22:00 horas grazas á Asociación Mulleres Rurais Amas Casa Citania Baion.

“Conectadas 2019” trátase dun programa provincial que pon o acento na formación, desenvolvendo cursos e obradoiros sobre distintas cuestións para apoderar ás mulleres e dotalas das ferramentas necesarias para construír unha sociedade igualitaria. Amais, esta iniciativa tamén busca favorecer as relacións interpersoais e intercambio de experiencias, contribuír a mellorar a súa empregabilidade e o seu mantemento no mercado de traballo, así como reducir a brecha dixital. Este programa está dirixido a asociacións, federacións e fundacións sen ánimo de lucro que teñan como obxectivo e ámbito de actuación a promoción das mulleres, o seu desenvolvemento e actuación, o empoderamento feminino e a consecución da igualdade de mulleres e homes.

Comentar noticia

Your email address will not be published.