Máis de 60 maiores celebran o ‘Día Internacional das persoas de idade’ cunha andaina organizada dende o Concello de Nigrán

Publicado por o día 01/10/2019 na sección de Galicia,Nigrán

Máis de 60 maiores celebran o ‘Día Internacional das persoas de idade’ cunha andaina organizada dende o Concello de Nigrán

O Concello de Nigrán celebrou este martes 1 de outubro o ‘Día Internacional das Persoas Maiores’ promovido dende a OMS cunha andaina pola Foz (A Ramallosa) na que participaron máis de 60 xubilados. A xornada arrancaou ás 10:30 horas na Alameda de San Campio, na Ramallosa, con exercicios de quecemento a cargo da monitora Pilar Husling e posterior paseo pola Foz cantando cancións populares, volta por Monte Lourido e regreso ao punto de partida. A xornada rematoua ás 12:00 horas con estiramentos e lanzamento de confeti.

O Concello de Nigrán súmase deste xeito, e por vez primeira, á campaña iniciada pola Organización Mundial da Saúde en 1999 por un envellecemento activo, acción na que participan maiores de tódolos continentes.

Comentar noticia

Your email address will not be published.