Máis de 70 mulleres e os seus fillos e fillas poderán participar en estadías de tempo libre financiadas pola Xunta

A iniciativa está dirixida a mulleres soas con responsabilidades familiares non compartidas, tendo preferencia as vítimas de violencia de xénero
Publicado por o d√≠a 16/08/2020 na sección de Xunta de Galicia

Máis de 70 mulleres e os seus fillos e fillas poderán participar en estadías de tempo libre financiadas pola Xunta

Un total de 74 persoas, entre mulleres e os seus fillos e fillas, inscribíronse para participar no programa de estadías de tempo libre que financia a Xunta. Trátase dunha iniciativa dirixida a facilitar un tempo de lecer a mulleres soas con responsabilidades familiares non compartidas, preferentemente vítimas de violencia de xénero.

Este ano as estad√≠as ter√°n lugar entre o 31 de agosto e o 6 de setembro en concellos das catro provincias. Ademais da oportunidade de desprazarse a alg√ļn destes lugares, as beneficiarias contar√°n tam√©n con actividades como excursi√≥ns e coa presenza de monitores que organizar√°n actividades l√ļdicas.

C√≥mpre ter en conta que, debido √° crise sanitaria provocada pola covid-19, este ano tom√°ronse precauci√≥ns adicionais. As√≠, os grupos ser√°n dun m√°ximo de 15 persoas e as actividades l√ļdicas ser√°n en espazos suficientemente amplos para cumprir todas as garant√≠as de seguridade. Os medios de transporte estar√°n limpos e desinfectados e os monitores deber√°n ter co√Īecementos para adaptar as actividades √°s medidas sanitarias.

Todos os custos de aloxamento, en réxime de pensión completa; traslado de ida e volta desde o seu concello de residencia; equipo de monitoras/es e actividades complementarias serán a cargo da Secretaría Xeral da Igualdade, polo que o programa é totalmente gratuíto para as beneficiarias.

Os requisitos principais para poder acceder a estas axudas é ter fillas ou fillos ou menores en acollida entre os 2 e os 12 anos; non convivir coa parella afectiva; e non superar o límite do importe de 1,5 veces o IPREM vixente nos seis meses anteriores á presentación da solicitude.

Comentar noticia

Your email address will not be published.