Esta mañá presentouse na sala de reunións da casa do Concello de Tui a IV Mostra da Camelia Cidade de Tui, organizada por ATUCA, Amigos Tudenses da Camelia, coa colaboración do Concello de Tui, Deputación de Pontevedra e Sociedade Española da Camelia, que se vai celebrar esta fin de semana, sábado 19 e domingo 20 de xaneiro, na Sala de Exposicións Municipal na Área Panorámica.
O sábado de 9.00h a 12.00h mais de 80 expositores prepararán e colocarán as flores nos expositores. As 12.15 o Teatro Municipal, na Área Panorámica, acollerá o acto inaugural no que se fará entrega de agasallos ós expositores e a entrega de premios do II Concurso de Debuxo e Poesía “A camelia, flor na invernía galega”, no que participaron ós alumnos de 1º a 4º de Primaria dos colexios tudenses.
Na presentación desta mañá o alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, destacou o importante valor desta flor de inverno para o municipio, tanto a nivel turístico como económico, polo que é “unha oportunidade importante xa que cada vez se move máis persoas entorno a Camelia e pode ser un complemento interesante ó gran atractivo que ten Tui”. Pola súa parte, o Concelleiro de Cultura, Eduardo Freiría, agradecía a ATUCA a súa implicación nesta mostra e “por axudar a que Tui sexa escaparate da Camelia e converter o municipio nun referente”. Tamén a concelleira de Educación, Mila González, agradecía a ATUCA o seu labor, neste caso, por achegar os máis pequenos a Camelia a través do Concurso de Debuxo e Poesía.
A Mostra floral poderá visitarse o sábado de 16.30h a 21.00h e de 10.00h a 14.00h e de 17.30h a 18.30h do domingo na Sala de exposicións Municipal situada na Área Panorámica.
Paralelamente, a Sala Félix Rodriguez acollerá outras dúas actividades. Ás 17.45 do sábado terá lugar un obradoiro de Té para dar a coñecer o té galego, impartido por Carmen Salinero, presidenta da Sociedade Española da Camelia e bióloga na Estación Fitopatolóxica de Areeiro. O domingo, ás 17.30h haberá unha charla-coloquio sobre a vespa velutina e a preparación de trampas caseiras.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.