Máis do 77% dos votos na consulta do Concello, a favor de declarar algunhas praias libres de tabaco

A cifra supera o 82% para o estadio municipal de Balaídos, segundo revelou hoxe martes Abel Caballero, quen ve unha posición “moi contundente” na cidade a favor de liberar de fumes Balaídos e algúns areais, como Samil ou os das illas Cíes. O alcalde considera que, con esta “altísima porcentaxe” de voto, a consulta ofrece un resultado que pode considerarse xa “definitivo”, a falta do último dato da próxima semana.
Por o 18/06/2019 | Sección: Concello de Vigo,Galicia,Vigo
Máis do 77% dos votos na consulta do Concello, a favor de declarar algunhas praias libres de tabaco
Compartir en:

A cifra supera o 82% para o estadio municipal de Balaídos, segundo revelou hoxe martes Abel Caballero, quen ve unha posición “moi contundente” na cidade a favor de liberar de fumes Balaídos e algúns areais, como Samil ou os das illas Cíes. O alcalde considera que, con esta “altísima porcentaxe” de voto, a consulta ofrece un resultado que pode considerarse xa “definitivo”, a falta do último dato da próxima semana.

Caballero avanzou que a próxima semana ofrecerá a última cifra de participación na consulta (dispoñible na web do Concello), mais a “altísima porcentaxe” de voto rexistrado debulla xa un escenario “definitivo” a favor de declarar o estadio municipal de Balaídos e algunhas praias de Vigo como espazos libres do fume do tabaco.

A día de hoxe, a consulta rexistrou máis de 12.000 votos para Balaídos, cun 82,4% dos computados a prol de declaralo libre de fumes. No caso dalgúns areais, os votos rozan os 35.000 e os favorables á declaración superan o 77%. O alcalde avanzou que estas praias poderían ser a de Samil e as das illas Cíes.

O resultado provisional da consulta web é “moi contundente” e reflicte unha manifestación “masivamente” favorable a liberar de fumes de tabaco areais e o estadio municipal de Balaídos. O obxectivo das preguntas é “pulsar” a opinión da cidadanía, non é vinculante, mais a cifra rexistrada ata o de agora revela “un estado de ánimo” en Vigo, anotou Caballero.

Comentar noticia

Your email address will not be published.