Malia as presións da dirección para tentar desmobilizar o persoal, a folga de 24 horas convocadas para este luns día 17 na plataforma de Atento A Coruña está a ser un éxito, pois durante a quenda de noite o seguimento foi do 99%, mentres que na quenda de mañá rexístrase un paro do 90%. Deste xeito, as traballadoras e os traballadoras lánzalle unha mensaxe clara á empresa: a disposición a continuar na loita até que se respecten os seus dereitos e se dea resposta á plataforma reivindicativa.
As cifras de participación na folga demostran o farto que está o persoal das prácticas de Atento, pois nin as presións da dirección “nin as mentiras e as chantaxes” coas que tentou desmobilizar o persoal deron resultado. Á contra, os traballadores e as traballadoras responden as coaccións e as presións con máis loita para esixirlle á empresa que, dunha vez, dea reposta ás súas reivindicacións.
Unhas demandas que pasan por:
– cese inmediato dos despedimentos por enfermidade e dos despedimentos sen causa -e que sempre acaban sendo recoñecidos como improcedentes por Atento-
– cese das ameazas e sancións por non acadar os obxectivos impostos de maneira unilateral pola empresa, especialmente os relacionados co procedemento “xestión do desempeño”, así como os controis excesivos.
– que se dea audiencia á representación do persoal antes da imposición de calquera sanción.
– que a empresa actúe sobre a Mutua Fraternidad para que a entidade deixe de exercer presións sobre os traballadores e traballadoras para que acurten as baixas por IT.
– a posta en marcha dun procedemento eficaz de xestión das vacacións.
– aplicación de medidas en materia de prevención de riscos psicosociais que permitan unha administración racionalizada das cargas de traballo como o estabelecemento dun tempo mínimo entre chamadas, tempo administración suficiente para completar as xestións e garantir o correcto funcionamento das aplicacións.
– negociar coa representación social unha planificación das formacións.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.