O asociación VigoHistórico procedeu a colocar centos de zapatos pintados de verde no Paseo Alfonso este pasado sábado, reivindicaron unha peonalización da Porta do Sol ecolóxica con esta perfomance, con esta perfomance manifestaron que se reduza emisións. O obxectivo é chamar a atención para que se reconsidere a planificada co túnel, que é simplemente ornamental, e non contribúe a reducir o tráfico e a contaminación.
VigoEnVerde foi o lema desta intervención lúdico-artística, prevista para a tarde do venres, pero que por mor da choiva foi aprazada ó sábado. A colocación dos zapatos empezou ás 16:30 e o remate dos mesmos foi as 17:30, para reclamar unha peonalización realmente verde, poñer en valor o Paseo de Alfonso, e defender o Camiño de Santiago Portugués pola costa, que quedaría visiblemente deslucido polas ramplas do túnel en Elduayen.
Para a realización desta perfomance a asociación Vigo Histórico foi necesario varias semanas recollendo zapatos inservibles para pintalos e poder colocalos na rúa, para crear unha imaxe rechamante, que chame a atención da cidadanía viguesa e do Concello de Vigo, ao que se solicita que procure unha alternativa de peonalización sostible da Porta do Sol, sen afectar negativamente ao patrimonio.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.