Mais dun mes de conflicto pola imposición da xerencia as TCAES do Hospital Álvaro Cunqueiro

Publicado por o día 05/06/2018 na sección de Galicia,Sanidad,Vigo

Mais dun mes de conflicto pola imposición da xerencia as TCAES do Hospital Álvaro Cunqueiro

Despois de mais dun mes de conflicto pola imposición da xerencia as TCAES do Hospital Álvaro Cunqueiro, a COMISIÓN DE CENTRO do CHUVI considera positivos os avances nas negociación entre xerencia e comisión de centro. Avances positivos, pero aínda insuficientes.

Positivo é a retirada as sancións as compañeiras do PULL (con contratos de días) e positivo e que xerencia e Acciona activen conversación entre eles e co comité de empresa da limpeza por unha banda e coa comisión de centro por outra.

Mentres tanto a comisión de centro considera necesario que esta semana haxa un acordo consistente en que o persoal de limpeza asuma a tarefa da recollida da roupa, contratando PERSOAL ESPECÍFICO e que sexa sustituido nas vacacións, días de permiso, I.T. o calquer outra situación por PERSOAL DO PARO. Que en ningún caso, poda ser detraíodo da actual plantilla de limpeza.

Tamén a comisión de centro esixe deixar sin consecuencias os escritos as 32 TCAES enviados o inicio do conflicto.

E por último manifiestan que un acordo na semana actual, permitiría desconvocar as mobilizacións do mes de xuño: CONCENTRACIÓN o día 12 e 14 FOLGA E CONCENTRACIÓNS os días  18, 21, 25 e 28.