Máis de mil persoas asistiron onte á primeira xornada do Nigranjazz no esteiro da Foz

Pese á poalla, o espazo encheuse para ver aos cuartetos de Michael Kanan e Gonçalo Leonardo. Hoxe é o turno do aclamado pianista Kevin Hays, gran estrela desta edición, e dos galegos Virxilio da Silva e Abe Rábade.
Publicado por o día 29/07/2017 na sección de Eventos,Galicia,Nigrán

Máis de mil persoas asistiron onte á primeira xornada do Nigranjazz no esteiro da Foz

Máis de mil persoas acudiron onte á primeira xornada da undécima edición do Nigranjazz no esteiro de A Foz (A Ramallosa) para desfrutar do cuarteto liderado polo pianista estadounidense Michael Kannan e o vibrafonista español Jorge Rossy, que foron precedidos do tamén cuarteto encabezado polo contrabaixista portugués Gonçalo Leonardo. Pese á poalla, o público permaneceu fiel durante os dous concertos e moitos se animaron a seguir na jam-session posterior que abriu Carlos Gil Trío e que se prolongou ata altas horas. Ademáis, miles de persoas desfrutaron da comida gourmet na feira gastronómica itinerante “Rilla na Rúa”, que permanece ata o domingo en todo o paseo de A Foz.

O festival continúa hoxe coa actuación estelar do pianista americano Kevin Hays no seu único concerto en Europa co seu trío. Previamente, dende ás 21.00 horas, o público do Nigranjazz terá a oportunidade única de desfrutar do dúo formado para a ocasión polo pianista Abe Rábade e o guitarrista Virxilio da Silva, os dous músicos galegos máis relevantes no panorama nacional, que homenaxearán xuntos a histórica colaboración entre o pianista Bill Evans e o guitarrist Jim Hall.
Finalmente.

“Rilla na rúa” porá tamén o seu punto de animación ao Nigranjazz ofrecendo a actuación de “The Alley Stompers” ás 19:30 horas no Auditorio de A Foz.

Trátase dunha formación ao máis puro estilo das Brass Bands americanas que tocará en directo para bailaríns de swing. A formación representa unha viaxe atrás no tempo, recreando a atmósfera de New Orleans dos anos 20 ou 30, unha época en que o jazz se afirmou como música popular. O francés Wilfried Wilde ao banjo, Óscar Prieto á tuba e Chus Pazos á batería, forman unha sección rítmica de luxo, que acompaña ao saxofonista siciliano Rosolino Marinello e ao crooner e saxofonista Toño Otero que, coa súa voz tenor aterciopelada, transmite un auténtico son de época.

Ademáis, ata o domingo “Rilla na Rúa” traerá concertos, obradoiros, espectáculos… Calquera que se achegue estes días ao Paseo da Ramallosa poderá gozar de distintas propostas gastronómicas, música swing, djs e actividades familiares, como o cabaret infantil de Nelson Quinteiro. Nesta segunda edición participan 4 novas caravanas con propostas diferentes co obxectivo de dar un mellor servizo e variedade ao gran público que se prevé, así, se incorporarán “Km Fuego”, comida desenfadada con toques orientais; “LaconLover”, propostas gastronómicas co porco (especialmente o lacón) como protagonista; “Misco-midas”, cociña de autor con fusión canaria; “Bendita Atabaka”, cocina vasca canalla e, finalmente, na zona do festival Nigranjazz estará “Crepe Cabaret” con crepes doces e salgados.