Carolina Bescansa, cabeza de lista ao Congreso de Máis País-EQUO e Eduardo Ortiz, candidato ao Senado, celebraron un encontro na cidade de Vigo acompañados de Eduardo Fernández Rubiño, deputado de Más Madrid no parlamento autonómico.
Durante o coloquio, a candidata compostelá do partido de Errejón chamou a atención sobre a necesidade de pór en valor a loita histórica do colectivo LGTBi+ e de garantir unhas institucións acorde á sociedade.
Carolina Bescansa afirmou que se leva traballado moitos anos nun proceso de cambio e que era preciso garantir que a maioría social enfadada e indignada ante a falta de acordo non se iría á abstención. “O 10 de novembro, nas urnas, este país volverá dicir que é e que quere ser. E volverá dicir que quere unha maioría de cambio, pero afirmando que non pode volver a pasar o que pasou. Isto pasa por non facer o mesmo o 10 de novembro que o que fixemos en abril”, concluíu Bescansa.
Pola súa banda, Rubiño, ao que Bescansa calificou como unha desas persoas valentes que fan posible o cambio, explicou que entre as principais medidas que leva no seu programa Más País destacan a aprobación dunha Lei LGTBi estatal e unha lei específica para persoas transexuais. “Fan falta avances lexislativos pero estamos moi orgullosos de todo o traballo feito ata agora”, explicou Rubiño.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.