Máis de trinta empresas interesadas en executar as obras da grada de Río visitaron Balaídos

As 31 empresas interesadas na construción da grada de Río visitaron esta mañá o estadio municipal, cando o prazo para concursar na licitación remata o 14 de novembro.
Publicado por o día 27/10/2016 na sección de Celta,Concello de Vigo,Empresas,Vigo

Máis de trinta empresas interesadas en executar as obras da grada de Río visitaron Balaídos

Respecto do inicio destas obras, o rexedor confirmou que dubida entre comezar en primavera ou esperar ata que remate a temporada futbolística.

O alcalde deu conta de que nesta mañá de xoves da visita a Balaídos de responsables de 31 de empresas interesadas na construción da grada de Río, que sae a licitación por 6,8 millóns de euros. Nesta zona, precisou, xa se investiu 1 millón de euros no reforzamento dos contrafortes. O prazo de presentación de ofertas esténdese ata o 14 de novembro e o Concello está a decidir se arranca as obras en primavera ou se espera ata o final da temporada futbolística.

Respecto dos prazos das obras de Tribuna, o rexedor avanzou que o 6 de novembro, para o partido Celta-Valencia, a cuberta estará ao 70%, e para día 24, xa estará completa e rematado o novo palco.