Maite Pagaza: “Debemos ser esixentes nos acordos comerciais para combater a competencia desleal cara á nosa industria pesqueira e conserveira”

A eurodeputada por Cidadáns, Maite Pagaza, considera que o acordo comercial da Unión Europea e Vietnam “debe garantir a xestión sustentable dos recursos mariños e a piscicultura”
Publicado por o día 04/09/2019 na sección de Ciudadanos,Política

Maite Pagaza: “Debemos ser esixentes nos acordos comerciais para combater a competencia desleal cara á nosa industria pesqueira e conserveira”

“Debemos ser esixentes nos acordos comerciais para combater a competencia desleal cara á nosa industria pesqueira e conserveira”, aseverou a eurodeputada por Cs, Maite Pagaza. A eurodeputada interveu no marco do debate sobre o informe de opinión referido ao acordo de libre comercio UE – Vietman na súa condición de relatora na sombra – shadow -. Pagaza lembrou que “Vietnam foi identificado e sinalado pola UE como país non cooperante na loita contra a pesca ilegal e non regulada”.
 
Neste sentido, en outubro de 2017, a Comisión Europea emitiu unha “carta amarela” a Vietnam, iniciando o proceso previsto no Regulamento da UE contra a pesca ilegal e non regulamentada. Esta primeira fase do procedemento permitiu establecer un diálogo entre a UE e Vietnam para acelerar as reformas necesarias no país asiático. Se as reformas non levasen a cabo nun período razoable de tempo – en xeral, 3 anos – , a Comisión Europea podería impoñer unha prohibición á importación de produtos de pesca provenientes de Vietnam, procedemento coñecido como “tarxeta vermella”.
 
Pagaza subliñou que a Comisión Europea “informado que Vietman realizou avances” pero considera que “deberían acelerarse para non atoparse nunha situación de aplicación do Tratado de Libre Comercio e unha persistente falta de control pequero”.
 
Para Pagaza é unha “cuestión de sustentabilidade nun océano con graves deficiencias de xestión pesqueira por outros países da mesma conca marítima”, pero tamén, e non menos importante, “unha cuestión de competencia desleal cara á nosa industria pesqueira e conserveira que cumpre a normativa internacional e europea”. Por outra banda, “os consumidores europeos teñen o dereito de coñecer a orixe sustentable dos produtos pesqueiros que consomen “, concluíu.