Un maltratador nunca é un bo pai!! – Manifestación 9-09

Publicado por o día 08/09/2017 na sección de Colectivos Feministas,Protestas,Social

Un maltratador nunca é un bo pai!! – Manifestación 9-09

Dende a Marcha Mundial das Mulleres veñen facer explícito o seu apoio a Juana Rivas e a todas as mulleres que se atopan nesta terrible situación de indefensión.

A decisión de Juana é moi valente, mais ela non pretendía ser unha heroína, só quería protexer aos seus fillos dun pai que a fixo vivir nun inferno de maltrato e que resultou condenado por violencia machista no 2009. Volveuno a denunciar no 2016 no estado español, que tardou un ano en trasladar a denuncia a Italia, o país competente para tramitala, o que indica o grado de prioridade e carencia de medios que teñen estas cuestións no sistema xudicial. A súa fuxida foi unha decisión sobre todo desesperada, xa que o sistema xudicial non lle deixou unha opción mellor que deixar os seus fillos nas mans do home que a agredía. Juana demostroulle á sociedade que fronte a indefensión que crean certas leis só lle cabe as afectadas a desobediencia. Unha desobediencia que non é gratuíta. Juana enfróntase a pena de prisión e a privación da custodia sobre os seus fillos. O irónico é que a efectos da lei teñen o mesmo dereito sobre as crianzas vítima e verdugo, e que a castigada nestes casos pase a ser a vítima.

@s menores son tamén vítimas da violencia machista que viven nos fogares. Ou ben porque sofren agresións directas ou ben porque medran nun entorno de medo e violencia. Polo tanto, resulta grotesco que a persoa que exerce esa violencia se considere a efectos legais un pai con dereito a custodia e réxime de visitas, porque non se considera prexudicial para o desenvolvemento [email protected] súas [email protected]

A maiores, temos espantosos exemplos de casos nos que as crianzas son empregadas por agresores como arma para ferir a nai, sabendo a magnitude dese dano. Así sumamos loitos na Galiza de menores [email protected] en réximes de visita por pais con historiais de maltrato. Que dereitos está a defender a lei? Os do pai ou os [email protected] menor? Sabemos que se están a dar algúns pasos neste eido, mais a realidade berra que son coma maquillaxe, lentos e insuficientes. Juana tivo que fuxir, porque estes son os medos e realidades que unha nai ten cando deixa @s súas [email protected] nas mans dun maltratador.

Juana tamén nos demostrou que xuntas somos máis fortes, que a mobilización social é fundamental para que a xustiza se faga oír e que o patriarcado retroceda e que no berro de “Juana está na miña casa” se inclúen todas esas mulleres que viven no terror, que deste xeito están moito menos soas, finalizan desde a marcha mundial das mulleres.

A marcha berra alto e claro

UN MALTRATADOR NUNCA É UN BO PAI SE É MACHISTA NON É XUSTIZA