Mañá 8 de abril será o día internacional do pobo xitano

Publicado por o día 07/04/2019 na sección de Social

Mañá 8 de abril será o día internacional do pobo xitano

Mañá é o día INTERNACIONAL DO POBO XITANO, e este ano temos que celebrar unha moi boa noticia e esta é, nin máis nin menos, que por primeira vez na historia catro persoas xitanas con toda seguridade formarán parte do Congreso dos Deputados, onde se deciden leis e normativas, cada un deles cos seus grupos políticos sendo a persoa máis coñecida, relevante e mediática delas D. Juan José Cortés á que esta Asociación ten en máxima consideración e admiración.
 
Estas persoas encabezan as súas listas para concorrer ás próximas eleccións xerais e estamos seguros de que cando se forme o parlamento traballarán con total dedicación para o benestar de todos os españois , incluídos os xitanos.
 
Por fin podemos dicir que o futuro do pobo xitano en España, dos nosos fillos, será mellor de agora en diante en comparación co que actualmente vivimos pois na actualidade, en pleno século XXI aínda existe en todos os sectores da vida discriminación e rascismo polo feito de ser xitanos e soamente acabarase con esta praga do século XXI con medidas reais e non con parches como se fai na actualidade.
 
Ademais dos fondos que se destinan á poboación xitana, a gran parte deses recursos destínanse a grandes campañas de márketing, pago de nóminas e locais, dietas, etc.
 
Solicitamos que os recursos e medidas que se destinen á Sociedade Xitana Española sexan utilizados para financiar custos laborais para a integración laboral, incremento das axudas sociais e a creación de vivendas sociais normalizadas e un consorcio que vixíe e teña servizos xurídicos para que as persoas que sufran discriminación e racismo puedasn recorrer a denunciar tales feitos sen influencias política nin intereses económicos.
 
Pedimos a toda a sociedade xitana española conformada por máis dun millón de persoas que nas próximas eleccións xerais e nas próximas autonomicas voten aos partidos onde haxa representación xitana como é o Partido Popular, Partido Socialista, Cidadáns e Podemos.