Ma√Ī√° ampl√≠ase ata o 15 de decembro o prazo de presentaci√≥n de licenzas e permisos para os solicitantes das axudas de plans de mellora, incorporaci√≥n de mozos e pequenas explotaci√≥ns

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a orde que aumenta excepcionalmente en tres meses o período marcado inicialmente para aportar esta documentación
Publicado por o d√≠a 14/09/2020 na sección de Agricultura e Gander√≠a

Ma√Ī√° ampl√≠ase ata o 15 de decembro o prazo de presentaci√≥n de licenzas e permisos para os solicitantes das axudas de plans de mellora, incorporaci√≥n de mozos e pequenas explotaci√≥ns

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a¬†orde da Conseller√≠a do Medio Rural¬†que ampl√≠a ata o 15 de decembro o prazo de presentaci√≥n da licenza municipal de obra e dos diferentes permisos administrativos correspondentes √°s axudas de plans de mellora, incorporaci√≥n de mozos e pequenas explotaci√≥ns. O per√≠odo dispo√Īible para aportar esta documentaci√≥n aum√©ntase as√≠, excepcionalmente, en tres meses.

Ante as peticións de diferentes organismos para prolongar dito período co fin de poder emitir os preceptivos permisos, o departamento de Medio Rural decidiu, un ano máis, ampliar o prazo para facilitar a tramitación a gandeiros e agricultores solicitantes destas subvencións e evitar así que perdan as achegas.

Cómpre lembrar que o orzamento desta convocatoria -encadrada no Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia 2014-2020- chega aos 41 millóns de euros. En concreto, 24 millóns irán destinados a plans de mellora, 14 millóns investiranse na incorporación de mozos á actividade agraria e 3 millóns de euros focalizaranse na creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións.

Ao abeiro da convocatoria do ano pasado, un total de 533 beneficiarios recibiron axuda para acometer plans de mellora, 356 mozos e mozas obtiveron subvención para incorporarse ao agro e 200 persoas solicitantes conseguiron achega para a creación de pequenas explotacións.

A orde entra en vigor ma√Ī√°, d√≠a seguinte ao da publicaci√≥n no Diario Oficial de Galicia.

Comentar noticia

Your email address will not be published.