Mañá a Favec concéntrase no domicilio dunha familia que botarán a rúa sen vivenda alternativa

Publicado por o día 15/06/2017 na sección de Social,Vigo

Mañá a Favec concéntrase no domicilio dunha familia que botarán a rúa sen vivenda alternativa

Mañá 16 de Xuño, se no último momento non se produce a paralización do segundo intento de desafiuzamento (sen vivenda alternativa) de Juan Fernández Duró, este verase abocado a saír da vivenda que ocupa, ás 9 da mañá, na Travesía de Vigo 219- 2, piso 20.

O caso de Juan é longo e tedioso aínda que xa foi freado o desafiuzamento unha vez, non fomos capaces de conseguir unha vivenda alternativa para esta familia composta dun matrimonio e tres fillos/as menores de idade.

Presentouse un escrito ao xulgado, e leste desestimou o informe social remitido pola Consellería coa alegación de familia en vulnerabilidade económica.

Trátase de exercer un último golpe de presión antidesafiuzamento mentres se redobran esforzos para conseguir unha vivenda factible para estas persoas.

Se é posible acudide para apoiar a esta familia e reivindicar a demanda de vivenda social en Vigo xa que a nosa cidade carece dela. Mañá podes ser ti o seguinte, hoxe por eles e mañá nós.