Mañá incorpóranse ao servizo activo preto de 600 traballadores fixos descontinuos anti incendios de Medio Rural

Esta incorporación faise efectiva todos os anos antes da chegada da primavera, de acordo coas necesidades de programación e planificación e en función das circunstancias climatolóxicas
Publicado por o día 28/02/2019 na sección de Medio Ambiente

Mañá incorpóranse ao servizo activo preto de 600 traballadores fixos descontinuos anti incendios de Medio Rural

Os traballadores fixos descontinuos de 9 meses do Servizo de Prevención e Defensa Contra Incendios Forestais (SPDCIF) da Xunta incorporaranse mañá ao servizo activo, cumprindo así as previsións da Consellería do Medio Rural para reforzar estes labores antes da chegada da primavera.

Esta incorporación faise efectiva todos os anos nestas datas, de acordo coas necesidades de programación e planificación e en función das circunstancias climatolóxicas presentes e previstas, afectando a 597 prazas do servizo. Son empregados que permanecerán en activo dende mañá ata o vindeiro 30 de novembro.

O persoal que se incorpora forma parte do colectivo de bombeiros forestais, nas categorías de xefe de brigada, bombeiro forestal, bombeiro forestal condutor, oficial de defensa contra incendios, condutor de motobomba, ademais de emisoristas e vixilantes.

Ademais, a partir de mañá tamén se empezarán a despregar de forma progresiva os medios da precampaña, que vai de marzo a xuño (ambos incluídos), pasando así a ter operativos ata 12 helicópteros, dos cales 2 son propiedade do Goberno central. Deste xeito, refórzase os medios, tanto humanos como materiais, para o correcto funcionamento deste servizo.

Comentar noticia

Your email address will not be published.