Mañá sábado a Banda de Música Popular de Tui ofrece o seu terceiro concerto na rúa deste verán

Será no Paseo da Corredoira ás 21:30h

Este sábado 1 de setembro as 21:30h a Banda de Música Popular de Tui ofrece no Paseo da Corredoira o seu terceiro concerto dos tres previstos no Ciclo de Concertos de Verán na rúa.

Unha vez mais o  repertorio que interpretarán estará composto por clásicos, temas populares, bandas sonoras, e composicións contemporáneas coas que deleitarán ao público presente.

Este será o último concerto que a Banda de Música Popular de Tui ofrecerá este verán dentro do programa “Concertos de Verán na Rúa” e no que actuaron xa en dúas ocasión anteriores, todas elas no paseo da Corredoira e con importante éxito de público.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM