Mañá venres a CIG e CUT anunciarán unha convocatoria de folga indefinida nos Bombeiros de Vigo

Publicado por o día 01/08/2019 na sección de Galicia,Vigo

Mañá venres a CIG e CUT anunciarán unha convocatoria de folga indefinida nos Bombeiros de Vigo

O conflito entre Concello e bombeiros complícase. Mañá os sindicatos CIG e CUT convocarán a todo o persoal a unha folga indefinida que esperan que comece o 14 de agosto, día no que terminarán os 10 días hábiles de cortesía que recolle a lei.

Os representantes dos dous sindicatos explican que non esperarán á reunión que o luns a concelleira de Seguridade Cidadá, a exministra Elena Espinosa, manterá co comité de persoal. L a convocatoria esténdese a todo o persoal, pero por agora só está confirmado que a secunden os simpatizantes dos dous sindicatos.

O delegado da CIG, Miguel Uclés, explica que representan un «40 % do persoal», que conta con preto de 120 integrantes. Uclés espera superar máis do 50% de apoios durante o día de hoxe.

O delegado da CUT, David Mosquera, concreta a cifra dicindo que son por agora «60 persoas redondeando».

Exceso de traballo, tensión, persoal envellecido

Os argumentos dos Bombeiros non cambiaron: consideran que na actualidade en Vigo hai un persoal “envellecido”, insuficiente, que sofre de “tensión”, que debe traballar horas extras impostas e que necesitaría, polo menos, 30 efectivos máis para garantir unha situación segura.

Os representantes dos dous sindicatos exporíanse desconvocar a folga se a reunión con Espinosa o luns termina de forma satisfactoria. «Sería algo a considerar», sentenza Mosquera.

O decreto provoca segundo Uclés que haxa bombeiros en prácticas que «chegaron a facer ata 48 horas seguidas», o que para el nun servizo como o dos bombeiros supón «poñer en risco a vida do traballador, da dotación, e das vítimas para rescatar. Ademais tamén denuncian que moitos dos bombeiros en idades próximas á xubilación tamén deben participar en intervencións complicadas. «Noutros parques os bombeiros con máis de 55 anos non realizan intervencións», conclúe Uclés.

Ante a censura que estan a ter vense obrigados a aparecer en actos públicos para facerse ver.