Manel Cardoso substitúe a Xoán Hermida ao fronte do Colectivo Político ESPAZO

Publicado por o día 04/10/2015 na sección de Espazo Ecosocialista,Política

Manel Cardoso substitúe a Xoán Hermida ao fronte do Colectivo Político ESPAZO
  • – ESPAZO abre unha nova etapa, fuxindo do formato de partido tradicional, é valorando positivamente o preacordo presentado por Anova, EU e Podemos

A III Asemblea Nacional [Extraordinaria] de Espazo (anteriormente Espazo Ecosocialista Galego) abordou hoxe en Ames o análise sobre o novo tempo político aberto tras as municipais tanto no referido á construción da cooperación democrática como na do papel do propio ESPAZO.

No documento político aprobado por unha ampla maioría do medio centenar de asistentes acordouse reforzar ESPAZO como un instrumento político lonxano a un partido tradicional e pensado en clave  de Colectivo de Intervención Política centrado no campo das ideas e das novas axendas e no acompañamento de activistas.

A Asemblea de ESPAZO abordou o relativo á construción do bloque político-social de cambio. Para ESPAZO son tres as piares para conformar esa cooperación democrática e cívica: os partidos políticos de ruptura, as mareas municipalistas e os movementos sociais.

Nese senso ESPAZO valorou positivamente o pre-acordo acadado por Anova, Esquerda Unida e Podemos para construír unha candidatura de unidade popular para as próximas xerais.

Para ESPAZO agora toca as mareas municipalistas traballar na coordinación das mesmas e na elaboración dunha folla de ruta propia que sexa compatible coa acordada polos partidos. Tamén entende que Marea.gal debe incorporarse a dito proxecto que será necesariamente compartido e participativo.

ESPAZO tamén acordou como outra liña de traballo, que xunto co avance do proxecto de confluencia democrática, necesitase seguir avanzando na reconstrución dun instrumento da esquerda renovadora galega, polo que manterá contactos e iniciativas con outras forzas para avanzar nese terreo.

Por último a Asemblea de ESPAZO elixiu o seu Consello Dinamizador que estará conformado por 5 mulleres e 5 homes e encabezado por Manel Cardoso, traballador de Navantia, como novo coordinador.

Un traballo fundamental no novo tempo vai ser o análise e elaboración de ideas, para isto relanzarase o Foro OBenComún , que estará dirixido por Xoán Hermida, que contara co histórico socialista e republicano, Carlos Etcheverría, como presidente de honra.

PRENSA ESPAZO ECOSOCIALISTA