Manel Fernández desmente a Diego Gago ante as acusacións das escolas deportivas de Vigo

Publicado por o día 11/03/2019 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

Manel Fernández desmente a Diego Gago ante as acusacións das escolas deportivas de Vigo

Ante as declaracións deste sábado do concelleiro do PP de Vigo, Diego Gago, sobre o seguro dos nenos e nenas que participan este ano nas Escolas Deportivas Municipais, temos que denunciar a intolerable irresponsabilidade e, unha vez máis, as continuas mentiras do Partido Popular.

É completamente falso que os chicos e chicas das Escolas estean sen seguro de accidentes, completamente falso, pois gozan de cobertura a través dun contrato menor en vigor desde o pasado mes de xaneiro e ata o mes de xuño, ambos incluídos. O concurso público saíu a licitación, quedou deserto e volverémolo convocar pero a denuncia do PP é falsa: os nenos e nenas teñen póliza e están asegurados.

Consideramos inadmisibles estas declaracións do PP, e do señor Gago en particular, por ser rotundamente falsas e xerar unha gran alarma social. Son miles as familias que participan nas Escolas Deportivas Municipais, é intolerable e esiximos responsabilidades políticas ao señor Diego Gago. Pedimos a súa dimisión: alguén que minte así non pode ser edil neste Concello de Vigo.